Manuel Agujetas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Agujetas
Biografía
Nacemento(es) Manuel de los Santos Pastor Editar o valor em Wikidata
16 de xuño de 1933 Editar o valor em Wikidata
Xerez da Fronteira, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Xerez da Fronteira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAgujetas
Agujetas de Jerez
Manuel Agujetas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantaor , compositor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFlamenco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosDolores La Agujetas (en) Traducir, Antonio Agujetas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesDiego Rubichi (en) Traducir () Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: c69a0b50-c617-4442-a4ce-a862441c7517 Discogs: 2612362 Deezer: 1710804 Editar o valor em Wikidata

Manuel de los Santos Pastor, nado na pedanía de Las Tablas (Xerez) o 25 de xuño de 1936 e finado tamén en Xerez o 25 de decembro de 2015, que respondía ao alcume artístico de Agujetas ou Agujetas de Jerez, foi un cantaor flamenco, un dos membros máis destacados da familia dos "Agujetas", de grande sona no mundo do flamenco.[1][2] Herdou o alcume do pai, Agujeta Viejo, que traballaba cambiando as agullas das vías dos camiños de ferro.[3]

Monumento en Rota

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Este artista xitano empezou traballando na forxa do pai, tamén cantaor, antes de ir vivir en 1970 a Madrid. Na capital española gravou o primeiro disco, producido por Manuel Ríos Ruiz e acompañado na guitarra por Manolo Sanlúcar; xa nese álbum asinaba co alcume Agujetas (tomado do pai) de xeito artístico.

O pai, Agujetas Viejo, transmitiulle a tradición do cante xerezano herdado de Manuel Torre, El Marrurro e Tío José de Paula (e tamén o fixo a nai, Ana Pastor Monje, que era da familia de Negro de El Puerto). Casou cunha muller xaponesa, e os fillos Dolores Agujetas, o finado de Antonio Agujetas[4] e Manuel Agujetas tamén son ou foron cantaores, así coma os seus irmáns Juan, Paco, Diego e Luis.[5][6][7]

Participou na gravación da Magna Antología del Cante Flamenco, que foi recompilada polo musicólogo José Blas Vega. En 1977 foi galardoado co Premio Nacional de Cante de la Cátedra de Flamencología de Xerez.

Tras unha prolongada estadía en Norteamérica apañou unha grave enfermidade; daquela, destacados intérpretes do flamenco rendéronlle en 1987 unha homenaxe en Xerez da Fronteira, homenaxe que supuxo un punto de reactivación da carreira artística de Agujetas.[8] Anos máis tarde (1995), Agujetas apareceu na película Flamenco de Carlos Saura. No filme interpretaba un martinete co que se amosaba o seu cante vello. Logo do filme retoumou as gravacións cada vez máis frecuentes: Agujetas en París (1996), Agujeta en la soleá (1998).[9]

Nestes discos, Agujetas defendeu o cante antigo e a memoria oral, un legado dos que sentía protector a canda outros nomes coma El Chocolate ou La Paquera. Diso falaba no documental que a realizadora francesa Dominique Abel lle dedicou en 2000, Agujetas cantaor, onde saía tamén o guitarrista Moraíto Chico e que se estreou en 2021[10]. Un par de anos máis tarde rexistrou 24 quilates, onde insistía en reivindicar a escola de Manuel Torre, de El Marrurro e do Tío José de Paula.

En 2013, a súa cidade natal púxolle o seu nome a unha avenida e volveu aos escenarios en 2014.[11][12] En 2015 tamén lle instalaron un monumento na súa honra en Xerez, monumento que se sumaba ao que xa tiña na entrada de Rota.[13][14] Ao pouco morreu en Xerez o día de Nadal de 2015.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Viejo cante jondo, 1972
  • Premio Manuel Torre de Cante Flamenco, 1974
  • El color de la hierba, 1978
  • Grandes Cantaores de flamenco: Agujetas, 1986
  • Agujetas en París, 1996.
  • El Querer no se puede ocultar, 1998
  • Agujeta en la soleá, 1998.
  • El querer no se puede ocultar, 1998.
  • Agujetas cantaor, 1999
  • 24 quilates, 2002.
  • El rey del cante gitano, 2003.
  • Magna Antología del Cante Flamenco, Volume 3, 2008.
  • Agujetas: Historia, Pureza y Vanguardia del Flamenco, 2012, antoloxía de cinco discos.
  • Agujetas en Japón, gravado en 2013 (publicado en 2022)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://cultura.elpais.com/cultura/2015/12/25/actualidad/1451061859_180827.html El País - Muere el cantaor de flamenco Manuel ‘Agujetas de Jerez’
  2. "Programa Familias de Jerez (1): Los “Agujetas”". Arquivado dende o orixinal o 13/6/2013. Consultado o 29/5/2013. 
  3. El trono se queda sin rey
  4. "A mí no se me han perdonado cosas como ha ocurrido con otros artistas"
  5. Caballero Bonald, José Manuel (4 de mayo de 2017). "José Manuel Caballero Bonald retrata a Agujetas". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 5 de mayo de 2017. 
  6. "‘Amaró’ será el primer trabajo discográfico de Manuel Agujetas hijo" (en castelán). 15/12/2019. Consultado o 16/12/2019. 
  7. "Antonio Agujetas, sobrevivir a la muerte". lavozdelsur.es (en castelán). 17/3/2018. Arquivado dende o orixinal o 18/03/2018. Consultado o 18/3/2018. 
  8. https://andaluciainformacion.es/granada/815391/jerez-salda-una-deuda-con-manuel-agujetas/
  9. "soníos negros - flamenco jondo: MANUEL AGUJETAS - APUNTE PARA UNA DISCOGRAFÍA JONDA LLENAS DE GEMAS". Consultado o 6/2/2020. 
  10. "Un documental sobre Manuel Agujetas pone la guinda al ciclo ‘Con acento jerezano’". Consultado o 11 de septiembre de 2021. 
  11. "Manuel Agujetas, leyenda viva del Cante Jondo". Arquivado dende o orixinal o 29/11/2013. Consultado o 17 /3/2013. 
  12. "Mi cante es muy difícil, no lo harán ni después de 100 años muerto"
  13. "flamenco.masjerez.com". Arquivado dende o orixinal o 26/12/2015. Consultado o 19/12/2015. 
  14. El busto de Manuel "Agujetas" ya preside la rotonda de entrada a Rota

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alfredo Grimaldos, Historia social del flamenco, 2010.
  • Ángel Álvarez Caballero, La Discografía ideal del cante flamenco, Barcelona, Planeta, 1995.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]