Cambio de agullas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Desvío manual.

Un cambio de agullas ou desvío é un aparato de vía que permite aos trens cambiar dunha vía a outra.

Pode ser dereito ou esquerdo, segundo sexa a súa localización en relación a un observador situado entre as agullas do cambio e mirando cara ao cruzamento. Componse dunhas agullas (raís móbiles) que se apoian na súa respectiva contraagulla (raíl fixo) e que están unidas ao raíl mediante unha soldadura, deixando unha parte do patín suprimido para permitir a flexibilidade necesaria para moverse e axustar ou desacoplar a punta da agulla sobre a contraagulla. Á súa vez, a cabeza da agulla está mecanizada para permitir o adecuado axuste.