Manu Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manu Lama
Información persoal
Nome Manuel Lama Maroto
Nacemento 12 de febreiro de 2001
Altura 1,92 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Fuenlabrada
Número 5
Carreira xuvenil
2018–2020 Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2023 Atlético de Madrid B 21 (0)
2020–2021 CF La Nucía 12 (0)
2023– Fuenlabrada 13 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 31 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Manuel Lama Maroto, coñecido como Manu Lama, nado en Madrid o 12 de febreiro de 2001, é un futbolista español que xoga como defensa do Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.

É fillo do famoso locutor deportivo Manolo Lama.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no colexio Mirabal de Boadilla del Monte.[2] Con 10 anos realizou unha proba co Atlético de Madrid e posteriormente ingresou na escola de fútbol do club. En idade xuvenil entrou na canteira do Atlético, disputando a División de Honra Xuvenil e a Liga Xuvenil da UEFA.[2] Para a tempada 2020/21 foi cedido ao CF La Nucía, da Segunda División B, onde disputou 14 partidos, 10 deles como titular.[3] Na derradeira xornada como local no estadio Camilo Cano ante o Badalona lesionouse gravemente, ao sufrir unha fractura de peroné e dos ligamentos do nocello.[2][4]

De regreso no Atlético e despois de oito meses de baixa, reapareceu co filial na Terceira División RFEF en decembro de 2021. Disputou 20 partidos co equipo ata o final da tempada, contribuíndo ao ascenso a Segunda RFEF, e foi convocado un par de veces por Simeone para o primeiro equipo, aínda que non chegou a debutar.[2] Na seguinte campaña sufriu unha nova lesión, desta vez muscular, que o volveu afastar dos terreos de xogo durante meses.

En xaneiro de 2023, durante o mercado invernal, fichou polo Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.[5] Chegou ao equipo aínda lesionado e non puido debutar ata abril, cando se estreou nunha derrota por 3-0 contra o Badajoz.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Manu Lama, otro canterano que hace las maletas para buscar minutos". Mundo Deportivo (en castelán). 4 de setembro de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Guerrero, José Luis (23 de xuño de 2023). ""Puede que me insulten más por llevar en la camiseta Lama, pero es mi apellido"" (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2023. 
  3. Aranda, Rafa (22 de outubro de 2020). "Manu Lama, hijo de Manolo Lama, el nuevo muro de La Nucía". As (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2023. 
  4. "Manu Lama vuelve a jugar ocho meses después de su lesión". As (en castelán). 16 de decembro de 2021. Consultado o 31 de outubro de 2023. 
  5. Martínez, Sergio (27 de xaneiro de 2023). "Manu Lama refuerza la defensa del Fuenlabrada" (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2023. 
  6. "Manu Lama por fin debutó con el Fuenla tras su larga lesión" (en castelán). 28 de abril de 2023. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2023. Consultado o 31 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]