Manifestación polo galego en febreiro de 2015
A manifestación polo galego acontecida en Compostela o 8 de febreiro de 2015 que levou por lema Polas fillas dos nosos fillos foi unha manifestación cívica que tivo por obxecto a reivindicación dos dereitos dos galegofalantes, en contra da actuación en materia de política lingüística da Xunta de Galicia[1] e de denuncia da imposibilidade de facer vida normal en galego en Galicia. Segundo as fontes, reuniu un total de entre 10.000 e 25.000 manifestantes[2] e nela congregouse a sociedade civil así como tamén diferentes representantes política de ANOVA, BNG, PSdeG-PSOE, Podemos ou Esquerda Unida. A entidade convocante foi Queremos Galego, da Mesa pola Normalización Lingüística,[3] á que se adheriron diversos colectivos, tales que ProLingua, Nova Escola Galega ou os sindicatos STEG ou CIG-Ensino.
O acto foi presentado pola actriz galega Isabel Risco. Seis nenas e nenos leron o manifesto que criticaban o desleixo da Xunta cara a lingua galega e solicitiban remedios para deter isto. Remataron dicindo: "Polas fillas dos nosos fillos, queremos galego!" A continuación Mofa e Befa elaboraron a receita “lingua galega estofada” . Varios camareiros e camareiras repartiron despois lambetadas. A continuación, Os Migallas cantaron o "Rap da lingua".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Milleiros de persoas saen á rúa en defensa do galego, nova aparecida en La Voz de Galicia o 8 de febreiro de 2015.
- ↑ Milleiros de persoas en defensa do futuro da lingua galega, nova aparecida en Praza Pública o 8 de febreiro de 2015.
- ↑ Queremos Galego convoca manifestación en defensa da lingua o 8 de febreiro Arquivado 21 de decembro de 2014 en Wayback Machine., nova aparecida en Sermos Galiza.