Nicky Wire
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de xaneiro de 1969 Blackwood, Reino Unido |
| Residencia | Newport |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Universidade de Swansea Oakdale Comprehensive School |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, pianista, cantautor, músico |
| Período de actividade | 1989 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Rock alternativo |
| Tesitura | Barítono |
| Instrumento | Baixo, guitarra e voz |
| Selo discográfico | Columbia Records |
| Familia | |
| Irmáns | Patrick Jones |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | nickyssecretsociety.com… |
Nicholas Allen Jones, coñecido como Nicky Wire, nado o 20 de xaneiro de 1969[1] en Llanbadoc, País de Gales, é o letrista, baixista e vocalista ocasional da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers.
Antes de tocar no grupo, Wire estudou ciencias políticas na universidade e isto influiría máis tarde na súa obra lírica. Foi co-escritor das letras da banda (xunto con Richey Edwards) dende 1989 ata 1995, e dende entón é o principal letrista tras a desaparición de Edwards. Ademais do seu traballo con Manic Street Preachers, Wire publicou dous álbums en solitario, I Killed the Zeitgeist en 2006 e Intimism en 2023.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BBC - Wales - Nicky Wire". web.archive.org. 2007-10-15. Archived from the original on 15 de outubro de 2007. Consultado o 2024-03-09.
- ↑ "Nicky Wire". Discogs. Consultado o 9 de marzo de 2024.
| A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
