Saltar ao contido

If You Tolerate This Your Children Will Be Next

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«If You Tolerate This Your Children Will Be Next»
sinxelo de Manic Street Preachers
do álbum This Is My Truth Tell Me Yours
Lanzamento 24 de agosto de 1998
Formato
Gravada
Xénero musical rock alternativo, britpop
Lingua(s)
Duración 4:51
Discográfica Epic Records
Produtor(es) Dave Eringa
Escritor(es)
Cronoloxía
«Australia» «If You Tolerate This Your Children Will Be Next» «The Everlasting»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"If You Tolerate This Your Children Will Be Next" é unha canción da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers. Foi publicada o día 24 de agosto de 1998 por Epic Records como primeiro sinxelo do seu quinto álbum de estudio, This Is My Truth Tell Me Yours (1998). O tema vendeu 156 000 copias na súa primeira semana e chegou ao número 1 da lista británica de sinxelos en agosto de 1998. Fóra do Reino Unido, a canción foi número 1 en Islandia e chegou ao top 20 en Noruega e Suecia. Foi a única canción da banda en entrar nas listas de América do Norte,[1][2] chegando ao 19 da canadense RPM Alternative 30.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

O tema da canción está inspirado na guerra civil española, e no idealismo dos voluntarios galeses que se uniron ás Brigadas Internacionais que loitaron pola República Española contra os militares rebeldes de Francisco Franco. A canción toma o seu nome dun póster propagandístico da República da época e escrito en inglés (en galego vén significando: se toleras isto, os teus fillos serán os seguintes), mostrando a fotografía dunha nena asasinada polo bando nacional, baixo un ceo cheo de bombardeiros coa advertencia do nome da canción escrita debaixo.[3]

Póster que inspirou o título da canción

Varios acontecementos reais da guerra civil inspiraron as letras. Por exemplo, a liña "If I can shoot rabbits/then I can shoot fascists" (Se podo disparar a coellos/entón podo disparar a fascistas) atribúese a unha observación feita por un home ao seu irmán que se alistou para loitar cos republicanos. Isto foi citado orixinalmente no libro Miners Against Fascism de Hywel Francis. Outra liña, "I've walked Las Ramblas/but not with real intent" (Camiñei polas Ramblas/pero non con verdadeira intención), trae á memoria o relato de primeira man de George Orwell sobre a guerra, Homage to Catalonia de loitar nas Ramblas. Segundo Orwell, as distintas faccións aparentemente non estaban chegando a ningún lado coa loita e, moitas veces, un sentimento de camaradería estaba por riba dos cacareados principios polos que se supón que cada bando estaba a loitar. Nicky Wire tamén recoñeceu que tamén se inspirou nunha canción de The Clash, "Spanish Bombs", que fala dun tema semellante.[4]

Nun principio a canción non ía ser incluída en This Is My Truth Tell Me Yours. Gravouse nunha sesión distinta da do resto do álbum e foi vista como unha potencial cara b; a súa demo orixinal foi descrita polo baixista Nicky Wire como "merda".[5]

Lista de cancións

[editar | editar a fonte]

Toda a música composta por James Dean Bradfield e Sean Moore, agás onde se indique. Todas as letras escritas por Nick Jones, agás onde se indique.

CD1 británico
N.º Título Duración
1. "If You Tolerate This Your Children Will Be Next"   4:50
2. "Prologue to History"   4:43
3. "Montana/Autumn/78"   3:12
CD2 británico
N.º Título Duración
1. "If You Tolerate This Your Children Will Be Next"   4:50
2. "If You Tolerate This Your Children Will Be Next" (remestura de Massive Attack) 4:54
3. "If You Tolerate This Your Children Will Be Next" (remestura de David Holmes/The Class Reunion of the Sunset Marquis) 10:02
Casete británico
N.º Título Duración
1. "If You Tolerate This Your Children Will Be Next"   4:50
2. "Kevin Carter" (ao vivo no Manchester NYNEX, 24 de maio de 1997) (letra: Richey James) 3:22
  1. Canada, Library and Archives (2013-07-17). "Results: RPM Weekly". www.bac-lac.gc.ca. Consultado o 2024-03-15. 
  2. "Manic Street Preachers". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-03-15. 
  3. "Madrid. The 'Military' Practice of the Rebels. If you tolerate this your children will be next.". Imperial War Museums (en inglés). Consultado o 2024-03-15. 
  4. Power, Martin (17 de outubro de 2010). Manic Street Preachers. Omnibus Press.
  5. Trendell, Andrew (2018-08-24). "Manic Street Preachers look back on 'If You Tolerate This Your Children Will Be Next' on its 20th anniversary". NME (en inglés). Consultado o 2024-03-15.