Mandariinid
| Mandariinid | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
|
Cor
| |||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Director/a
| |||||||
|
Compositor/a
| |||||||
|
Guionista
| |||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Tema principal
| |||||||
|
Ambientado en
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Produtor/a
| |||||||
|
Compañía produtora
| |||||||
|
Formato de distribución
| |||||||
|
Puntuación da crítica
88% Rotten Tomatoes (19 de xaneiro de 2025)
73/100 Metacritic (4 de febreiro de 2024) 7.4/10 Rotten Tomatoes (9 de outubro de 2021) | |||||||
|
Nomeamentos
Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa (15 de xaneiro de 2015) candidato internacional aos Premios Óscars (2015) | |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Mandariinid (en xeorxiano: მანდარინები; en estoniano: Mandariinid) é un filme xeorxiano-estoniano de 2013. Está dirixida, producida e escrita por Zaza Urushadze (Director de cinema e guionista xeorxiano). O filme leva unha mensaxe pacifista e examina realidades do tempo da guerra en canto ao sentido de como ser humano. Foi filmada en Guria, Xeorxia.
O filme foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia transcorre nunha vila rural de Abkhazia (Xeorxia) durante a guerra (1992-93) onde granxeiros estonianos viven nunha plantación de mandarinas. Cando a guerra comeza, moitos estonianos que vivían na vila volven a Estonia. Aínda así, dous homes estonianos, Ivo (Lembit Ulfsak) e Margus (Elmo Nüganen) seguen na vila para rematar a tempada de mandarinas. Mentres estanse a dedicar aos seus negocios, vense en medio da guerra cando soldados xeorxianos e chechenos teñen un ataque xusto na vila. Só dous dos soldados sobreviven, Ahmed (Giorgi Nakhashidze), un mercenario checheno do bando dos abkhazos, e Niko (Mikheil Meskhi), soldado xeorxiano. Os dous granxeiros estonianos acóllenos e comezan a alimentalos para que melloren.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Lembit Ulfsak como Ivo, un vello granxeiro estoniano que vive en Abkhazia.
- Giorgi Nakashidze como Ahmed, un soldado checheno ferido.
- Elmo Nüganen como Margus, amigo de Ivo e granxeiro estoniano.
- Mikheil Meskhi como Niko, un soldado xeorxiano ferido.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Premio | Data da cerimonia | Categoría | Receptor(es) | Resultado | Ref(s) |
|---|---|---|---|---|---|
| 87ª edición dos Oscar | 22 de febreiro de 2015 | Mellor filme de lingua estranxeira | Mandariinid | Nomeado | [1] |
| Bari International Film Festival | 12 de abril de 2014 | Mellor filme | Mandariinid | Gañador | [2] |
| Fajr International Film Festival | 4 de febreiro de 2014 | Mellor director | Zaza Urushadze | Gañador | [3] |
| Mellor filme (produtores) | Zaza Urushadze e Ivo Felt | Gañador | |||
| Premios Globo de Ouro | 11 de xaneiro de 2015 | Mellor filme de lingua estranxeira | Mandariinid | Nomeado | [4] |
| International Filmfestival Mannheim-Heidelberg | 10 de novembro de 2013 | Premio da audiencia | Mandariinid | Gañador | |
| Premio especial de Mannheim-Heidelberg | Mandariinid | Gañador | |||
| Premios Satélite | 15 de febreiro de 2015 | Mellor filme de lingua estranxeira | Mandariinid | Gañador | [5] |
| Tallinn Black Nights Film Festival | 30 de novembro de 2013 | Mellor filme estoniano | Mandariinid | Gañador | [6] |
| War on Screen | 5 de outubro de 2014 | Gran premio do xurado | Mandariinid | Gañador | [7] |
| Warsaw International Film Festival | 20 de novembro de 2013 | Premio da audiencia: Mellor filme | Mandariinid | Gañador | [8] |
| Premio ao mellor director | Zaza Urushadze | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oscars 2015: Nominations list". BBC News. Consultado o 15 de xaneiro de 2015.
- ↑ Bari International Film Festival 2014
- ↑ "32nd Fajr International Film Festival 2014". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ "Tangerines". Golden Globe Awards. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2015.
- ↑ "Current Nominees - Categories". International Press Academy (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2015.
- ↑ "Selgusid PÖFFi võitjad". ERR (en estoniano). 30 de novembro de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2015.
- ↑ "War on Screen 2014". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2018.
- ↑ Awards at the 29th Warsaw Film Festival
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mandariinid na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)