Tõde ja õigus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tõde ja õigus
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalTõde ja õigus
DirectorTanel Toom
ProdutorIvo Felt
GuiónTanel Toom
IntérpretesPriit Loog
Priit Võigemast
MúsicaMihkel Zilmer
FotografíaRein Kotov
MontaxeTambet Tasuja
DistribuidoraAllfilm
Estrea22 de febreiro de 2019
Duración165 minutos
OrixeEstonia Estonia
XéneroDrama épico
Na rede
IMDB: tt5593384 Editar o valor em Wikidata

Tõde ja õigus é un filme estoniano de 2019 dirixido por Tanel Toom. O filme é unha adaptación do primeiro volume da pentaloxía épica social de 1926–1933 do autor estoniano Anton Hansen Tammsaare. Foi escollido como candidato de Estonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios,[1][2] clasificándose na lista curta de decembro.[3] Recibiu o Premio Satellite ó mellor filme en lingua non inglesa, converténdose no segundo filme estoniano en conseguilo despois de Mandariinid.

Tivo un orzamento de 2,5 millóns de euros[4] e conseguiu unha recadación de 1,55 millóns de euros.[5] É o filme estoniano máis visto nos cinemas dende que o país obtivo a súa independencia.[6] Os xornalistas de cinema estonianos considerárono no ano 2019 o mellor filme do cinema estoniano.[4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. jarvateataja (ed.). "„Tõde ja õigus“ asub Oscarit püüdma". Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  2. The Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Estonia Selects 'Truth and Justice' for Best International Feature Category". Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  3. The New York Times (ed.). "10 Films Make Shortlist for Oscars' Best International Film". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Truth and Justice selected best film of 2019 by Estonian film journalists" ERR, 5 de xaneiro de 2020
  5. "Täispikk tabel | Eesti filmide külastusnumbrid ja kassatulu 2019. aastal" ERR kultuur, 23 de xaneiro de 2020 (en estoniano)
  6. "'Truth and Justice' sets record as most-watched film in Estonia" ERR, 18 de marzo de 2019

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]