Mammillaria spinosissima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mammillaria spinosissima

M. spinosissima var. 'rubrispina'
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotiledóneas
(sen clasif.): Eudicotiledónea nuclear
Orde: Caryophyllales
Familia: Cactaceae
Xénero: Mammillaria
Especie: M. spinosissima
Nome binomial
'Mammillaria spinosissima'
(Kuntze) Lem.[1]
Sinonimia

Mammillaria auricoma
Mammillaria pitcayensis
Mammillaria pilcayensis
Mammillaria centraliplumosa
Mammillaria haasii
Mammillaria gasterantha
Mammillaria crassior
Mammillaria virginis

Mammillaria spinosissima é unha especie de cacto pertencente á familia Cactaceae, endémico de Guerrero e Morelos, en México. O seu hábitat natural son os áridos desertos. Estendeuse polo mundo como planta ornamental.

Descrición[editar | editar a fonte]

Mammillaria spinosissima medra de xeito cilíndrico. O talo é de cor azul-averdada de até 30 centímetros de longo e de 6 a 7 centímetros de diámetro. Está arrodeado de espiños. As axilas son un chisco lanosas e en pico. As costelas son afiadas até frouxamente cónicas de 4 a 5 milímetros de longo. As areolas son curtas, arredondadas, máis adiante núas. Os 10 a 30 espiños radiais son de 2 a 18 milímetros de longo. Os 2 a 17 espiños centrais son un pouco máis fortes e de 1 a 2 centímetros de longo, de cores moi diferentes; que poden ir da abrancazada, amarela, rubí, vermella, até a marrón escura. As flores que aparecen en grilanda son de 2 centímetros de longo. Os pétalos externos son de cor rosa amarronada cun bordo vermello. Os froitos son de cor parda avermellada ou averdados. As sementes son de cor parda.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Mammillaria spinosissima foi descrita por Charles Lemaire e publicado en Cactearum aliquot novarum 1: 4. 1838.[2][3]

As flores da Mammillaria spinosissima
Etimoloxía

Mammillaria: nome xenérico que foi descrito por vez primeira por Carl von Linné coma Cactus mammillaris en 1753, nome derivado do latín mammilla = tubérculo, en alusión aos tubérculos que son unha das características do xénero.

spinosissima: epíteto latíno que significa "a máis espiñenta".

Variedades aceptadas
Sinonimia
  • Mammillaria auricoma
  • Mammillaria pitcayensis
  • Mammillaria pilcayensis
  • Mammillaria centraliplumosa
  • Mammillaria virginis
  • Mammillaria crassior
  • Mammillaria gasterantha
  • Mammillaria haasii

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Integrated Taxonomic Information System (a).
  2. "Mammillaria spinosissima". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  3. "Mammillaria spinosissima". www.theplantlist.org. Consultado o 2022-04-04.