Mallakhamba
Mallakhamba | |
---|---|
Práctica do malakhambha en 2015. | |
Tipo | modalidade deportiva |
Nº de membros | Deporte Estatal en Madhya Pradesh, realízanse campionatos coa participación de 21 Estados indios. |
País | India e países circundantes, incluíndo repúblicas exsoviéticas. |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mallakhamba ou mallakhamb, é un deporte, arte marcial e danza tradicional, orixinario do subcontinente indio, no que un grupo de ximnastas realiza ioga aéreo e posturas ximnásticas usando puños de loita en concerto cun poste vertical.
A palabra "mallakhamb" tamén se refire ao poste usado no deporte.[1] O poste está feito xeralmente de sisu ou sheesham (Dalbergia sissoo, palosanto da India) pulido con aceite de rícino.
Outras versións populares de mallakhamba practícanse usando un bastón ou unha corda en lugar dun poste.[2]
Hai variantes practicadas en piscinas, pistas de circo etc. As orixes do pole dance remóntanse ao mallakhamba.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome mallakhamba deriva dos termos malla, que significa loitador, e khamb, que significa un poste.
Literalmente significa "poste de loita", o termo refírese a un instrumento de adestramento tradicional usado polos loitadores.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Desde o século II a. C., hai rexistros de prácticas similares en cerámicas de Chandraketugarh.[5]
No século VII, o peregrino budista chinés Xuanzang proporciona evidencia da escalada de postes en Prayagraj. Xuanzang rexistra que os ascetas hindús treparan a un poste aferrándose a el cunha man e un pé, e observaron a posta de sol, atribuíndoo a un tipo de rito solar.[6]
A referencia escrita máis antiga atópase no Manasollasa, un clásico medieval sánscrito (1135). Recibiu un novo impulso no século XIX pola man de Balambhatta Dada Deodhar e foi deporte de exhibición nos Xogos Olímpicos de 1936 en Berlín.
O primeiro campionato nacional tivo lugar após a independencia da India en 1962 en Madhya Pradesh. Actualmente, as regras para as competicións están estandarizadas pola Mallakhamb Federation of India, con variacións en poste, corda colgante e corda fixa.[7]
Deporte de Estado
[editar | editar a fonte]O 9 de abril de 2013, o Estado indio de Madhya Pradesh declarou a mallakhamba como deporte estatal. Desde 2017, máis de 20 Estados da India seguiron o exemplo.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Games, sports and cultures". WorldCat.org (en inglés). Consultado o 2024-10-31.
- ↑ "Sport across Asia : politics, cultures, and identities". worldcat.org (en inglés). Consultado o 2024-10-31.
- ↑ Kapur, Mallika (2017-09-11). "Aarifa Bhinderwala: India’s pioneering pole dancer". CNN (en inglés). Consultado o 2024-10-31.
- ↑ "mallakhamb" (en inglés).[Ligazón morta]
- ↑ "Mallakhamba". es.wikibrief.org. Consultado o 2024-10-31.
- ↑ Irwin, John (1983/04). "The ancient pillar-cult at Prayāga (Allahabad): its pre-Aśokan origins". Journal of the Royal Asiatic Society (en inglés) 115 (2): 253–280. ISSN 2051-2066. doi:10.1017/S0035869X00137487.
- ↑ "HOME". mallakhambfederationofindia.in. Consultado o 2024-10-31.
- ↑ "Photos; mallakamb, the art of aerial-yoga". HindustanTimes.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mallakhamba |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de Mallakhamb India
- Sitio web de Mallakhamb en EUA
- Mallakhamb - Episode 5 - Indian Martial Arts (Vídeo en youtube.com)
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |