Mako Iwamatsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mako Iwamatsu
(岩松 マコ, Iwamatsu Mako)
Nome completo Makoto Iwamatsu (岩松 信, Iwamatsu Makoto)
Alcume/outros Mako
Nacemento 10 de decembro de 1933
Lugar Kōbe, Flag of Japan.svg Xapón
Falecemento 21 de xullo de 2006 (72 anos)
Lugar Somis, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa cancro do esófago
Nacionalidade Xapón e Estados Unidos de América
Etnia Nipo-americano
Cónxuxe(s) Shizuko Hoshi
Fillos Dúas fillas tamén actrices
Profesión Actor
editar datos en Wikidata ]

Mako Iwamatsu nado o 10 de decembro de 1933 en Kōbe, Xapón, e finado o 21 de xullo de 2006 en Somis, California, Estados Unidos, foi un actor xaponés. En moitos dos créditos dos filmes nos que apareceu ó longo da súa carreira apareceu co seu nome acurtado como Mako, omitindo o seu apelido. Mako é recoñecido internacionalmente por Aku en Samurai Jack, Iroh en Avatar: The Last Airbender, Akiro en Conan o bárbaro e polo Mestre Splinter do filme TMNT.

Biografía[editar | editar a fonte]

Era fillo do coñecido autor e ilustrador de libros infantís Taro Yashima. Os seus pais mudáronse ós Estados Unidos cando era un cativo. Reuniuse con eles aló despois da Segunda Guerra Mundial en 1949, uníndose ós militares na década de 1950. Converteuse nun cidadán estadounidense en 1956. Estudou arquitectura e durante o seu servizo militar descubriu o seu talento teatral, polo que decidiu formarse na escola Pasadena Community Playhouse.

Mako estaba casado coa actriz Shizuko Hoshi, coa que tivo dúas fillas (actrices ámbalas dúas) e tres netos.

Morte e homenaxes[editar | editar a fonte]

Mako morreu ós setenta e dous anos de cáncer de esófago. Un día antes da súa morte, foi confirmada a súa participación para protagonizar o filme TMNT, proporcionando a voz de Splinter. Kevin Munroe, director do filme, confirmou que Mako completara o seu rexistro antes da súa morte. O filme terminado dedicouse a Mako.

Durante un episodio de Avatar: The Last Airbender , titulado "Os Contos de Ba Sing", que comprende varias pequenas historias sobre os personaxes principais, hai un segmento titulado ". A historia de Iroh" que ten unha dedicatoria a Mako, xa que foi o actor de voz para o personaxe Iroh para a primeira e segunda tempadas. Tamén apareceu na montaxe en memoria da 79ª Edición dos Oscar.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]