Maila Nurmi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaila Nurmi

(1958) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Pechenga, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHollywood Forever Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAstoria High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata - 2000 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFabrizio Mioni (1961–)
Dean Riesner (1949–)

Páxina webvampirasattic.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0885533 Allocine: 22344 Allmovie: p72733 IBDB: 517205
Discogs: 975307 WikiTree: Syrjaniemi-1 Find a Grave: 23914415 Editar o valor em Wikidata

Maila Elizabeth Syrjäniemi, nada en Gloucester, Massachusetts o 11 de decembro de 1922 e finada nos Ánxeles o 10 de xaneiro de 2008,[1] foi unha actriz estadounidense coñecida como Maila Nurmi, creadora na década de 1950 da personaxe Vampira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Maila Nurmi era filla de (anteriormente Syrjäniemi), un inmigrante finés, e de Sophia Peterson, estadounidense de ascendencia finesa.[2] Anteriormente houbo dúbidas sobre o seu lugar de nacemento: segundo o seu biógrafo W. Scott Poole en Vampira: Dark Goddess of Horror (2014), naceu en Gloucester, Massachusetts.[3] Durante a súa carreira, ela afirmou que nacera en Petsamo, Finlandia,[4] indicando que era sobriña do atleta Paavo Nurmi, que comezou a establecer récords mundiais en 1921, un ano antes do seu nacemento.[3] Os rexistros de inmigración estadounidense mostran que o seu pai entrou en Ellis Island en 1910.[5] Ademais, Dana Gould informou nunha entrevista en 2014 que vira o certificado de nacemento de Nurmi, que indicaba como o seu lugar de nacemento Gloucester.[6] No seu diario persoal, Nurmi admitiu que a historia de Petsamo era ficticia.[7]

Chegou á cidade dos Ánxeles aos dezasete anos e posteriormente marchou a Nova York.[8] Traballou como modelo para Alberto Vargas, Bernard of Hollywood e Man Ray,[9] o que a lanzou á industria do cinema cun pequeno papel no filme If Winter Comes (1947), de Victor Saville. Posou tamén para fotografías pin-up en revistas de homes como Famous Models, Gala e Glamorous Models. Cóntase ademais que foi despedida por Mae West da obra de Broadway de 1944a Catherine Was Great porque West pensou que podía eclipsala.[10]

Orixe de Vampira[editar | editar a fonte]

A idea para a personaxe de Vampira naceu en 1953, cando Nurmi acompañou o coreógrafo Lester Horton no baile anual Caribe Masquerade vestida coma unha das personaxes dos cadriños de Charles Addams no xornal The New Yorker. A súa aparición cun vestido negro cinxido e coa súa pel branca e pálida atraeu a atención do produtor televisivo Hunt Stromberg Jr., que a contratou como presentadora de filmes de terror para unha canle de televisión dos Ánxeles, KABC-TV. Tras varias dificultades para contactar con ela, conseguiu o seu número de teléfono a través de Rudi Gernreich. O nome "Vampira" foi unha idea de Dean Riesner, marido de Nurmi.

O 30 de abril de 1954, a KABC-TV anunciou a presentación do programa Dig Me Later, Vampira ás once da noite. The Vampira Show[11] estreouse o 1 de maio de 1954 e durante as primeiras catro semanas o programa emitiuse á media noite, para pasar ás once a partir do 29 de maio. Dez meses despois, desde o 5 de marzo de 1955, o programa pasou a transmitirse ás dez e media. No seu papel de Vampira, Nurmi presentaba os filmes mentres percorría unha sala chea de néboa e arañeiras. Moitas veces incluía no guión bromas e xiros macabros, ofrecía epitafios en lugar de autógrafos aos seus admiradores e falaba coa súa mascota, unha araña chamada Rollo. Cando o programa se cancelou en 1955,[12] Maila Nurmi conservou os dereitos da súa personaxe Vampira e pasou a presentar un programa doutra canle, a KHJ-TV. Consérvanse varios programas e un anuncio en coleccións privadas.

Nurmi fixo historia na televisión como a primeira presentadora de filmes de terror. En 1957, Screen Gems emitiu un ciclo de 52 filmes baixo o título Shock Theather. A partir de entón, as cadeas televisivas das grandes cidades estadounidense comezaron a emitir este tipo de filmes, engadindo os seus propios presentadores con estética macabra.

Foi candidata aos premios Emmy na categoría de Mellor Personaxe Feminina en 1954 e participou en filmes como Too Much, Too Soon, The Big Operator e The Beat Generation. A súa aparición máis coñecida no cinema foi no filme de Ed Wood Plan 9 from Outer Space (1956),[13] como unha vampiresa que era resucitada por uns extraterrestres. En 1960 apareceu en I Passed for White e Sex Kittens Go to College, aos que seguiu The Magic Sword (1962).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1949 casou con Dean Riesner, antigo actor infantil en filmes mudos e posteriormente guionista de Harry o sucio, Charley Varrick, Play Misty for Me e outros filmes e capítulos de series de televisión. O 10 de marzo de 1958 casou con John Brinkley, actor máis novo ca ela,[14] e o 20 de xuño de 1961 casou co actor Fabrizio Mioni no Condado de Orange, California.[15]

O 20 de xuño de 1955 un home intentou asasinala no seu apartamento, onde a mantivo secuestrada durante catro horas. Finalmente conseguiu escapar e chamar a policía coa axuda dun tendeiro local.[16]

Nurmi faleceu por causas naturais no seu fogar de Hollywood o 10 de xaneiro de 2008, aos 85 anos.[12][17]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

"Vampira" foi interpretada por Lisa Marie no filme Ed Wood, dirixido por Tim Burton.

O exame dos diarios de Nurmi en 2014 polo cineasta e xornalista R. H. Greene verifixou os rumores de que en 1956 ela foi a modelo para Maleficent, a bruxa malvada da versión de Disney da "Bela dormente". Un arquiveiro de Disney confifmou posteriormente os achados.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maila Elizabeth Nurmimioni [sic], Social Security Death Index
  2. Poole 2014, pp. 33–34.
  3. 3,0 3,1 Poole 2014, p. 32.
  4. Cotter 2016, p. 150.
  5. Poole 2014, p. 34.
  6. Live from San Francisco 2014. Risk Podcast. Entrevista con Dana Gould. Escena en from 30:16. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2017. 
  7. Frilander, Aino (28 de febreiro de 2021). "Vampira". Helsingin Sanomat (en finés). pp. C 1–3. 
  8. Poole 2014, p. 48.
  9. Poole 2014, pp. 50–53.
  10. Scheib, Ronnie (15 de novembro de 2012). "Vampira and Me". Variety. Consultado o 18 de marzo de 2017. 
  11. Anderson, Kristin (October 29, 2015). "Vampira: An Appreciation of the Undersung Proto-Goth Goddess". Vogue. Consultado o 22 de decembro de 2016. 
  12. 12,0 12,1 Stewart, Jocelyn Y. (16 de xaneiro de 2008). "As Vampira, Actress Hosted Fright Films". Chicago Tribune (Chicago, IL). p. 2-10. Consultado o 2 de decembro de 2022 – vía Newspapers.com. 
  13. Stewart, Jocelyn Y. (16 de xaneiro de 2008). "Actress, TV horror film hostess Vampira". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. 
  14. "Maila Nurmi - The Private Life and Times of Maila Nurmi. Maila Nurmi Pictures". Glamour Girls Of The Silver Screen. Consultado o 15 de xullo de 2012. 
  15. Ancestry.com, California Marriage Index, 1960–1985 [database on-line], Provo, Utah, U.S.: The Generations Network, Inc., 2007.
  16. Skal, D. J. (1993). The Monster Show: A Cultural History of Horror. p. 245. Penguin Books.
  17. "Maila 'Vampira' Nurmi dies". Variety. 14 de xaneiro de 2008. Consultado o 15 de setembro de 2009. 
  18. Green, R.H. (15 de febreiro de 2014). "The real Maleficent: The surprising human face behind the "Sleeping Beauty" villain". Salon. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]