Lisa Marie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLisa Marie

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Piscataway, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Familia
ParellaTim Burton (1993–2001) Editar o valor em Wikidata

Páxina weblisamarie.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0547273 Allocine: 31681 Allmovie: p45457
Musicbrainz: c36d28a4-fa26-4365-8c99-be2ed9f5eec2 Discogs: 80382 Editar o valor em Wikidata

Lisa Marie Smith, nada o 5 de decembro de 1968 en Piscataway, Nova Jersey, é unha actriz e modelo estadounidense que emprega o nome Lisa Marie na súa vida profesional. Saíu co director Tim Burton durante nove anos e medio e estivo comprometida con el durante oito anos e medio. É famosa polas súas actuacións en filmes como Sleepy Hollow, Mars Attacks! ou Planet of the Apes, todas elas baixo a dirección de Tim Burton.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi criada polo seu pai e os seus avós e estudou nunha escola católica. Dende os oito anos comezou a aprender ballet e piano. Ós quince anos mudouse a Nova York para estudar arte dramática, danza e música. En Nova York comezou a súa carreira como modelo para Robert Mapplethorpe e foi seleccionada polo fotógrafo Bruce Weber para a campaña do perfume Obsession de Calvin Klein. Os seus primeiros pasos no cinema foron dúas breves aparicións en Let's Get Lost, o documental sobre a vida do trompetista de jazz Chet Baker, e no filme de Woody Allen Alice.

En 1989 apareceu na canción de Malcolm McLaren, "Something's Jumpin' in Your Shirt" do seu álbum de 1989 Waltz Darling. A vida persoal e profesional de Lisa Marie cambiou cando coñeceu a Tim Burton nun club nocturno en 1991, inmediatamente despois de rematar o seu contrato como modelo para Calvin Klein. Aparentemente, Tim e Lisa conxeniaron ó descubrir que ámbolos dous tiveran unha experiencia paranormal OVNI similar en California.

Ó ano seguinte, no día de San Valentín de 1992, prometéronse e permaneceron xuntos até o 2001. Durante este período de case dez anos, ela apareceu en practicamente tódolos filmes do director. Pola súa banda, e segundo afirmacións de coñecidos como Henry Selick, Lisa salvou a vida de Tim, xa que este tiña a intención de seguir o camiño do seu amigo Anton Furst, quen se suicidara pouco tempo antes. En 2000, Lisa Marie traballou na serie da canle Sci-Fi titulada Exposure.

Moitas dos seus primeiros filmes tentaban salientar o voluptuoso físico de Lisa, pero traballos posteriores permitíronlle demostrar as súas capacidades interpretativas.

Lisa Marie apareceu en gran número de revistas e converteuse nunha celebridade de Hollywood. O seu divorcio de Tim Burton non foi excesivamente amigable até o extremo de que ela lle reclamara 5,4 millóns de dólares como parte dun acordo económico que el lle prometera.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel
1988 Let's Get Lost
1990 Alice
1994 Ed Wood Vampiresa
1996 Mars Attacks! Moza marciana
1997 Breast Men Vanessa
1998 Frogs for Snakes Myrna L'Hatsky
1999 Tail Lights Fade Kitty
Sleepy Hollow Lady Crane
If... Dog... Rabbit... Judy
2000 Chasing the Dragon Claire Oberon
The Beat Nicks Sophie
Stainboy
2001 Planet of the Apes Nova
2003 Starring (un pequeno filme por Jeremy Scott)
2008 Secret World of Superfans Ela mesma