Magdalena Valerio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Magdalena Valerio Cordero»)
Infotaula de personaMagdalena Valerio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Magdalena Valerio Cordero Editar o valor em Wikidata
27 de setembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Torremocha, España Editar o valor em Wikidata
President of the State Council (en) Traducir
20 de outubro de 2022 –
← María Teresa Fernández de la Vega
Deputada de España

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Traducir

Deputada de España
16 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Traducir

Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España
7 de xuño de 2018 – 13 de xaneiro de 2020
← Fátima BáñezYolanda Díaz, José Luis Escrivá →
Deputada de España
30 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Traducir

Q47175910 Traducir
2011 – 2015
Member of the Parliament of Castile-La Mancha (en) Traducir
19 de xuño de 2007 – 28 de maio de 2010
Lexislatura: Q47495856 Traducir

Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Traducir

Q47175910 Traducir
1999 – 2005 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Guadalaxara Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxurista , política , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: mvalerio_gu Dialnet: 4450363 Editar o valor em Wikidata

Magdalena Valerio Cordero, nada en Torremocha (Cáceres) o 27 de setembro de 1959,[1] é unha funcionaria e política española, membro do PSOE que desenvolveu a maior parte da súa traxectoria política en Castela-A Mancha. Foi ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social do Goberno de España no goberno do primeiro goberno de Pedro Sánchez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Naceu en Torremocha onde estaba destinado seu pai que era Garda Civil. Cursou o bacharelato na Universidade Laboral de Alcalá de Henares e marchou estudar Dereito na Universidade Complutense de Madrid, licenciándose na mesma en 1985.[1] Foi veciña de Guadalaxara desde 1989. Exerceu como preparadora de opositores e coordinadora da área de Laboral e Seguridade Social no Centro de Estudos Velázquez-ADAMS entre 1986 e 1990.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

É funcionaria do Corpo de Xestión da Seguridade Social e da Escala de Xestión de Emprego do INEM. Tamén traballou como xefa de Negociado de Persoal na Dirección Provincial do INSERSO de Guadalaxara entre 1991 e 1994 e posteriormente como subdirectora de Xestión Económico-Administrativa e secretaria provincial do INSALUD de Guadalaxara entre 1994 e 1999.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1999 foi elixida concelleira no concello de Guadalaxara, cargo que repetiu en 2003 ao ser nomeada segunda tenente de alcalde e concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Patrimonio e Participación Cidadá. En setembro de 2005 foi nomeada conselleira de Traballo e Emprego de Castela-A Mancha e, en 2007, conselleira de Turismo e Artesanía. En setembro de 2008 asumiu a consellería de Administracións Públicas e Xustiza. Nas eleccións autonómicas de 2007 foi cabeza de lista do PSOE pola circunscrición de Guadalaxara, obtendo escano nas Cortes Rexionais.

En xullo de 2008 foi elixida vocal da Comisión Executiva Rexional do PSOE de Castela-A Mancha e en outubro do mesmo ano foi elixida Secretaria Xeral da Comisión Executiva Municipal da cidade de Guadalaxara. Así mesmo, desde 2000 ata 2012 foi membro do Comité Rexional do PSOE de Castela-A Mancha. En maio de 2010 abandonou o Consello de Goberno, sendo nomeada delegada da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha. Ese mesmo ano gañou as primarias para ser candidata do PSOE ao Concello de Guadalaxara, mais perdeu nos comicios de 2011, baixando ata 8 concelleiros, e quedou a liderar a oposición no Concello.[1]

En 2011, nas eleccións xerais, foi cabeza de lista do PSOE por Guadalaxara e obtivo escano de deputada nas Cortes Xerais, que ocupou entre 2011 e 2016. Nas eleccións primarias nas que foi elixido secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez, Valerio apoiouno e, ao gañar aquel, Valerio, pasou a formar parte da Dirección do Grupo Parlamentario Socialista e asumiu o cargo de secretaria xeral adxunta e voceira adxunta.

Acto de cierre de campaña electoral en abril de 2019.

O 13 de xaneiro de 2016 reincorporouse como funcionaria ao cargo de secretaria provincial do Ministerio de Fomento de Castela-A Mancha na provincia de Guadalaxara, tarefa que compatibilizou coa súa actividade política no PSOE nas eleccións xerais. de 2016 xunto coas eleccións primarias de 2017 nas que Pedro Sánchez recuperou a Secretaría Xeral do PSOE e coas tarefas de secretaria executiva da Seguridade Social e Pacto de Toledo na Executiva Federal que resultou elixida no 39 Congreso.[1] Desempeñou estas tarefas ata o 40 Congreso Federal que se celebrou en outubro de 2021 en Valencia. Dende esa data ata o 24 de outubro de 2022 formou parte do Comité Federal do PSOE.

Despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy, o 7 de xuño de 2018 foi nomeada ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social do goberno de Pedro Sánchez.[2][3] Porén, tivo que abandonar o cargo despois do establecemento do goberno de Pedro Sánchez en coalición con Podemos, cando a carteira de Traballo pasou a Yolanda Díaz.[4]

En 2022, pasou a ser a nova presidenta do Consello do Estado, despois da renuncia de María Teresa Fernández de la Vega.[5][6]

Lista de cargos políticos[editar | editar a fonte]

  • Concelleira e voeira do Grupo Municipal Socialista do concello de Guadalaxara (1999-2005 e 2011-2014).
  • Delegada Provincial da Junta de Comunidades de Castela-A Mancha en Guadalaxjara (1999-2003 e 2010-2011).
  • Conselleira de Traballo e Emprego de Castela-A Mancha (2005-07). Conselleira de Turismo e Artesanía de Castela-A Mancha (2007-08). Conselleira de Xusticia e Administracións Públicas de Castela-A Mancha (2008-10).
  • Deputada das Cortes de Castela-A Manchaa (2007-10). Tamén foi Secretaria Xeral da Agrupación Local de Guadalaxara de 2008 a 2015 e Vogal da Executiva Rexional do PSOE de Castela-A Mancha de 2008 ata 2012.
  • Deputada nacional na X lexislatura, desde 2011 ata 2016. Voceira adxunta do Grupo Socialista do Congreso desde o 09/09/2014 ata o 12/01/2016 e Voceira adxunta da Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo desde o 18/01/2012 ata 09/09/2014. _Deputada, de novo, na XIIªI (2019) e na XIVª (2020-2022).
  • Ademais, foi vogal da Deutación Permanente desde o 19/12/2014 ata 13/01/2016. Así como Secretaria Segunda da Mesa da Comisión de Xustiza e vogal da Comisión de Emprego e Seguridade Social e da Comisión de Políticas Integrais de Atención á Discapacidade.
  • Membro do Comité Rexional do PSOE en Castela-A Mancha e Secretaria Executiva de Seguridadd Social e Pacto de Toledo da CEF-PSOE.
  • Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social do Goberno de España (2018-2020)
  • Presidenta do Consello de Estado (2022-)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 2015, foi diagnosticada de cancro e, tras un prolongado tratamento, conseguiu superalo en 2018.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (6 de xuño de 2018). "La sanchista Magdalena Valerio, ministra de Trabajo". guadalajaradiario.es (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  2. "Magdalena Valerio, ministra de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social". revista.seg-social.es (en castelán). 7 de xuño de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2023. 
  3. Redacción (5 de xuño de 2018 [actualizdo o 6 de xuño de 2018]). "Sánchez presenta al primer Gobierno de la historia con más mujeres que hombres". publico.es (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  4. Olías, Laura; Sánchez, Gabriela (10 de xaneiro de 2020). "Magdalena Valerio, “incondicional” de Pedro Sánchez, no seguirá en el Consejo de Ministros". eldiario.es (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2023. 
  5. Brunet, José María (16 de outubro de 2022). "La exministra de Trabajo Magdalena Valerio, nueva presidenta del Consejo de Estado". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2023. 
  6. RTVE/EFE (31 de outubro de 2022). "El Gobierno hace oficial el nombramiento de la exministra Magdalena Valerio como presidenta del Consejo de Estado". rtve.es (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2023. 
  7. "Real Decreto 1187/2021, de 28 de diciembre, por el que se concede la Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III a doña Magdalena Valerio Cordero". boe.es (en castelán). 29 de decembro de 2021. p. 166282. Consultado o 19 de agosto de 2023. 
  8. Redacción (7 de xuño de 2018). "Magdalena Valerio: de su lucha contra el cáncer a su relación con el ex marido de Concha García Campoy". eleconomista.es (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]