Mae Jemison
Mae Jemison | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Mae Carol Jemison |
Nacemento | 17 de outubro de 1956 |
Lugar de nacemento | Decatur |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Alma máter | Universidade Stanford, Weill Cornell Medicine, Stanford University School of Engineering e Morgan Park High School |
Ocupación | astronauta, médica, profesora, física, actriz, enxeñeira e escritora de literatura infantil |
Premios | NASA Space Flight Medal, National Women's Hall of Fame, Medalha Elizabeth Blackwell, Texas Women's Hall of Fame, Rachel Carson Award e Fellow of the AAAS |
Na rede | |
http://www.drmae.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mae Jemison, nada en Decatur (Alabama) o 17 de outubro de 1956, é unha enxeñeira química, médica e astronauta da NASA. Foi a primeira muller afroamericana en viaxar ao espazo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mae Jemison é a terceira filla de Charles e de Dorothy, moi interesados na súa educación. Dende moi nova tivo claro quería ser científica e xa antes de acudir á escola secundaria interesouse polo tema do espazo.[1][2] Estudou na Universidade de Stanford cunha bolsa obtendo o graduado en Enxeñaría Química. Despois doutorouse en Medicina pola Universidade Cornell en 1981.[3] Dende 1983 a 1985 uniuse ao Corpo de Paz servindo como médica castrense da área en África Occidental, especialmente en Serra Leona e Liberia.
O 4 de xuño de 1987, Mae Jemison converteuse na primeira muller afroamericana en ser admitida no programa de formación de astronautas da NASA, e en 1992 foi a primeira muller afroamericana en viaxar ao espazo.[4] Viaxou a bordo do Endeavour na misión STS47, e durante os oito días que estivo no espazo, Mae Jemison realizou experimentos sobre a ingravidez e a cinetose na tripulación e nela mesma.[5] Segundo detalla a NASA, antes de regresar a terra o equipo completou 44 experimentos conxuntos entre os Estados Unidos e o Xapón.[6] En total estivo 190 horas no espazo. Despois de servir na NASA de 1987 a 1993, Jemison fundou o Jemison Group, Inc., que desenvolveu ALAFIYA, sistema de telecomunicacións baseado en satélites.[7] O propósito deste sistema era mellorar o coidado médico en países en desenvolvemento.[8]
Foi profesora no programa dos estudos ambientais na Universidade de Dartmouth, onde dirixiu o Instituto Jemison para o avance tecnolóxico en países en vías de desenvolvemento. Dentro dos seus proxectos actuais hai varios centrados na mellora da saúde en África e no avance das tecnoloxías en países en desenvolvemento.[3][9]
Jemison foi profesora na Cornell University e no Dartmouth College desde 1995 até 2002. Ademais participa en varias organizacións científicas como American Medical Association, American Chemical Society, Association for Space Explorers e a American Association for the Advancement of Science.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lassieur. Astronaut Mae Jemison (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9781512410945.
- ↑ Naden; Blue. Mae Jemison: Out of this World (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9780761325703.
- ↑ 3,0 3,1 "Dr. Mae Jemison". Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ "Mae C. Jemison". Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ Briggs. Women Space Pioneers (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9780822524748.
- ↑ "Mae Jemison, la astronauta que quiso ampliar la visión que los extraterrestres tienen del mundo". 2018-07-18. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ "Mae C. Jemison". Consultado o 2009.
- ↑ "Espacio, tecnología y educación según la ex astronauta Mae Jemison". 25 de setembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ "Mae Jemison, la niña que soñaba con ir al espacio y se convirtió en la primera mujer afroamericana que lo consiguió | Vidas científicas". 31 de maio de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ "Official NASA biography".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mae Jemison ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Zinthia Palomino e Nina Sefcik (2019). Mujeres negras en la ciencia. Editorial: Mujeres negras que cambiaron el Mundo. ISBN: 978-84-09-08025-0
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mae Jemison, Teach arts and sciences together. (Vídeo TED)