Macarena García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macarena García
Nacemento26 de abril de 1988
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade Autónoma de Madrid
NaiAmairani
Profesiónactriz, actriz de cinema, cantante e ximnasta artística
Na rede
IMDB: nm3475396 Allocine: 412486 Allmovie: p741925
Facebook: macarenagarciaactriz Instagram: macarenagarciaoficial Musicbrainz: 1288e63d-5db0-409a-bbcc-0d14345b5469 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Macarena García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi, coñecida como Macarena García, nada en Madrid o 26 de abril de 1988, é unha actriz e cantante española que participou en diversos musicais, series de televisión e cine. É irmá do tamén actor Javier Ambrossi.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou primeiro de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid antes de dedicarse por completo ao seu traballo de actriz.

Comezou a súa formación aos oito anos coa ximnasia artística. Aos catorce comezou a compaxinalo co baile, tanto moderno como funk, na escola Carmen Senra e na Academia Broadway. Durante varios anos recibiu clases particulares de canto con Rosario Ruiz e Nora Troyani. Nos últimos anos ademais complementou a súa formación con clases de guitarra con Nuria Zamora.

Conseguiu o seu primeiro papel nun musical aos trece anos, cando interpretou a Canelilla en En el nombre de la Infanta Carlota, de Jana Producciones, musical que estivo en cartel durante varias tempadas no Teatro de Madrid. Posteriormente traballou no musical sobre High School Musical con Daniel Diges.[1]

A partir de aí, participou en diversas series de televisión como Hospital Central, Punta Escarlata ou El internado pero o papel que a dá a coñecer ao gran público é o de Chelo, a filla dos porteiros en Amar en tiempos revueltos entre 2010 e 2012. En 2013, traballou na serie de Antena 3, Luna, el misterio de Calenda. Entre 2014 e 2015 participou na serie B&b, de boca en boca da cadea Telecinco xunto aos seus compañeiros Fran Perea e Belén Rueda.

En cine, foi a protagonista da adaptación española de Blancanieves dirixida por Pablo Berger e estreada en 2012. Un traballo que lle reportou premios moi importantes como a Cuncha de Prata á mellor actriz do Festival de Cine de Donostia e o seu primeiro Premio Goya á mellor actriz revelación.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director/a Notas
2012 Blancanieves Carmen Pablo Berger Personaxe principal
2014 Todos están muertos Nadia Beatriz Sanchís Personaxe principal
2015 Palmeras en la nieve Julia Fernando González Molina Personaxe principal
2016 Villaviciosa de al lado Sole Nacho G. Velilla Personaxe principal
2017 La llamada María Casado Javier Ambrossi e Javier Calvo Personaxe principal
2018 Que baje Dios y lo vea Sara Curro Velázquez Personaxe principal
2019 A pesar de todo Lucía Gabriela Tagliavini Personaxe principal
2019 Ventajas de viajar en tren Rosa Aritz Moreno Personaxe principal
2020 El arte de volver Pedro Collantes Personaxe principal

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Canle Notas
2009 Hospital Central Cristina Telecinco 1 episodio
2010 El pacto Ana Alcides Telecinco Telefilme
2010 El Internado Gema Antena 3 6 episodios
2010-2012 Amar en tiempos revueltos Consuelo Muñoz Ruiz "Chelo" TVE 337 episodios
2011 Punta Escarlata Raquel Solís Telecinco 8 episodios
2011 Hospital Central Sol Martí Telecinco 2 episodios
2012 Amar en tiempos revueltos: La muerte a escena Chelo Muñoz Ruiz TVE Telefilme
2012-2013 Luna, el misterio de Calenda Vera Mendoza Morales Antena 3 20 episodios
2013 Niños robados Violeta Telecinco Telefilme
2014-2015 B&b, de boca en boca Sonia Balboa Bermejo Telecinco 29 episodios
2015 La española inglesa Isabel TVE Telefilme
2016; 2019 Paquita Salas Macarena García Flooxer / Netflix 2 episodios
2017; 2020 El ministerio del tiempo Dolores "Lola" Mendieta (moza) TVE 11 episodios
2018-2019 La otra mirada Manuela Martín Casado TVE 21 episodios
2021–2022 Paraíso Paula Costa Protagonista; 15 episodios
2022 Las últimas de la fila Pilu Colaboración especial; 2 episodios
2023 La Mesías Irene Movistar Plus+ Protagonista; 7 episodios

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director
2001 En el nombre de la Infanta Carlota Canelilla Javier Muñoz
2008 High School Musical Gabriella Montez Ariel del Mastro
2013-2017 La llamada María Casado Javier Ambrossi e Javier Calvo

Premios[editar | editar a fonte]

Festival Internacional de Cine de Donostia
Ano Categoría Película Resultado
2012 Cuncha de Prata á mellor actriz Blancanieves Gañadora
Premios Goya
Ano Categoría Película Resultado
2012 Mellor actriz revelación Blancanieves Gañadora[2]
Fotogramas de Prata
Ano Categoría Traballo Resultado
2013 Mellor actriz de teatro La llamada Gañadora
Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Traballo Resultado
2011 Mellor actriz de repartimento de televisión Amar en tiempos revueltos Candidata
Festival do Cine e a Palabra (CiBRA)
Ano Categoría Película Resultado
2012 Mellor personaxe adaptado Blancanieves Gañadora
Outros
  • Premio á Mellor actriz no XX Certame Nacional de Curtos da Semana do Cine Español de Mula 2013 por "La Niña"[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]