Macadamia
- Este artigo trata sobre o xénero de árbores, para a especie máis común véxase: Macadamia tetraphylla.
Xénero Macadamia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Follaje y nueces de Macadamia integrifolia. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Macadamia claudiensis |
Macadamia e un xénero botánico que contén oito especies de plantas con flor da familia das proteáceas. A súa área de distribución limítase ao leste de Australia (sete especies), Nova Caledonia (especie M. neurophylla) e Indonesia, Célebes (especie M. hildebrandii)
Unhas poucas especies cultívanse pola súa noz comestíbel (noz de macadamia) Na actualidade a macadamia cultívase tamén en México, Bolivia, Colombia, Costa Rica, Guatemala, Ecuador, Paraguai, Perú, República Dominicana e Venezuela.
O xénero foi nomeado así en 1857 polo botanista Ferdinand von Mueller, primeiro en describir o xénero, en honra do seu colega o naturalista e político australiano, de orixe escocesa, John Macadam (cómpre non confundir co enxeñeiro escocés John Loudon McAdam).
Os nomes comúns do froito seco son:
- macadamia
- noz de arbusto
- noz de macadamia
- noz maroochi
- Queensland nut (‘noz de Queensland’ en inglés de Australia).
Os aborixes australianos chamábano de kindal kindal ou jindilli.
Cultivo e usos[editar | editar a fonte]
O seu aceite esencial empregouse en perfumaría.
Só dúas especies posúen importancia comercial por ser as únicas que teñen a noz comestíbel: Macadamia integrifolia e Macadamia tetraphylla. As noces das demais especies son velenosas (por exemplo a Macadamia whelanii e a Macadamia ternifolia). A toxicidade débese á presenza de glicósidos. Estes glicósidos poden ser eliminados mediante procesos coñecidos polos aborixes.
Na actualidade a macadamia úsase para a elaboración de produtos cosméticos, xa que posúe propiedades hidratantes da pel. A noz de macadamia contén ácido palmitoleico (C16:1), un ácido graxo omega-7.
A macadamia introduciuse no Perú como cultura alternativa, grazas a un programa financiado e dirixido por FONCODES. Os agricultores da selva peruana aproveitaron as súas bondades no autoconsumo; porén a macadamia ten gran potencial para exportación.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Macadamia |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macadamia ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- ANBG.gov.au Arquivado 03 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (flora de Australia; en inglés).
- ANBG.gov.au (índice de nomes de plantas australianas).
- exvalhalla.net (proxecto de reforestación sustentábel con macadamia, producida na propiedade Valhalla, na Antiga Guatemala).
- sres.anu.edu.auArquivado 22 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (a noz máis deliciosa de Australia).