MVP da Tempada da NBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "MVP NBA")

O Xogador máis valioso da tempada da NBA, tamén coñecido como o MVP (Most Valuable Player e que recibe o premio NBA Most Valuable Player Award) é o premio que a liga entrega ao xogador máis valioso de cada tempada dende 1956. O gañador recibe o Trofeo Maurice Podoloff, nomeado así en honra ao primeiro comisionado da historia da NBA, en activo desde a primeira tempada, en 1946-47, até 1963.

Características[editar | editar a fonte]

A votación para o MVP celébrase unha vez finalizada a tempada regular. Até 1979-80 o MVP era seleccionado polo voto dos xogadores, con todo, dende 1981, o premio decídeno os xornalistas deportivos de Estados Unidos e Canadá. A votación é realizada por 125 membros;[1] tres de cada unha das trinta cidades da NBA, e os 35 restantes locutores e analistas especializados de medios de comunicación. Dende a tempada 1982-83, só xogadores de equipos con cincuenta ou máis vitorias durante a campaña lograron gañar o premio (excepto Karl Malone na tempada 1998-99 do peche patronal, na que só se disputaron cincuenta partidos), asegurando con iso que o MVP pertenza a un equipo clasificado para playoffs.

Kareem Abdul-Jabbar é o xogador que máis veces gañou o premio, en seis ocasións, seguido por Michael Jordan e Bill Russell con cinco e Wilt Chamberlain con catro. Só dous "rookies" conseguiron gañalo: Wilt Chamberlain en 1960 e Wes Unseld en 1969.

O primeiro xogador nado fóra dos Estados Unidos en lograr este galardón foi o pivote nixeriano Hakeem Olajuwon, pertencente aos Houston Rockets, na tempada 1993-94, mais estaba nacionalizado estadounidense. A continuación, Tim Duncan, dos San Antonio Spurs, nado nas Illas Virxes dos Estados Unidos, conseguiu o galardón nas campañas 2001-02 e 2002-03 e, posteriormente, en 2004-05 e 2005-06, Steve Nash, base de Phoenix Suns, nacido en Johannesburgo (Suráfrica) aínda que criado en Canadá. O primeiro europeo en obtelo foi o alemán Dirk Nowitzki, de Dallas Mavericks, na tempada 2006-07.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Xogador activo
Elixido no Basketball Hall of Fame
Indica que o xogador gañou o campionato ese ano
Abdul-Jabbar (6 veces).
Michael Jordan (5 veces).
Bill Russell (5 veces).
Wilt Chamberlain (4 veces).
Lebron James (4 veces).
Tempada Xogador Posición Nacionalidade Equipo
1955-56 Pettit, BobBob Pettit Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos St. Louis Hawks
1956-57 Cousy, BobBob Cousy Base Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1957-58 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1958-59 Pettit, BobBob Pettit Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos St. Louis Hawks
1959-60 Chamberlain, WiltWilt Chamberlain Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia Warriors
1960-61 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1961-62 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1962-63 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1963-64 Robertson, OscarOscar Robertson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Cincinnati Royals
1964-65 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1965-66 Chamberlain, WiltWilt Chamberlain Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1966-67 Chamberlain, WiltWilt Chamberlain Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1967-68 Chamberlain, WiltWilt Chamberlain Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1968-69 Unseld, WesWes Unseld Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Baltimore Bullets
1969-70 Reed, WillisWillis Reed Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos New York Knicks
1970-71 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1971-72 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1972-73 Cowens, DaveDave Cowens Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1973-74 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1974-75 McAdoo, BobBob McAdoo Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Buffalo Braves
1975-76 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1976-77 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1977-78 Walton, BillBill Walton Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Portland Trail Blazers
1978-79 Malone, MosesMoses Malone Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Houston Rockets
1979-80 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1980-81 Erving, JuliusJulius Erving Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1981-82 Malone, MosesMoses Malone Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Houston Rockets
1982-83 Malone, MosesMoses Malone Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1983-84 Bird, LarryLarry Bird Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1984-85 Bird, LarryLarry Bird Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1985-86 Bird, LarryLarry Bird Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1986-87 Johnson, MagicMagic Johnson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1987-88 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1988-89 Johnson, MagicMagic Johnson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1989-90 Johnson, MagicMagic Johnson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1990-91 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1991-92 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1992-93 Barkley, CharlesCharles Barkley Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Phoenix Suns
1993-94 Olajuwon, HakeemHakeem Olajuwon Pivote Nixeria Nixeria Houston Rockets
1994-95 Robinson, DavidDavid Robinson Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
1995-96 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1996-97 Malone, KarlKarl Malone Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Utah Jazz
1997-98 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1998-99 Malone, KarlKarl Malone Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Utah Jazz
1999-00 O'Neal, ShaquilleShaquille O'Neal Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
2000-01 Iverson, AllenAllen Iverson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
2001-02 Duncan, TimTim Duncan Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
2002-03 Duncan, TimTim Duncan Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
2003-04 Garnett, KevinKevin Garnett Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Minnesota Timberwolves
2004-05 Nash, SteveSteve Nash Base Flag of Canada.svg Canadá Phoenix Suns
2005-06 Nash, SteveSteve Nash Base Flag of Canada.svg Canadá Phoenix Suns
2006-07 Nowitzki, DirkDirk Nowitzki Ala-pivote Alemaña Alemaña Dallas Mavericks
2007-08 Bryant, KobeKobe Bryant Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
2008-09 James, LeBronLeBron James Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Cleveland Cavaliers
2009-10 James, LeBronLeBron James Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Cleveland Cavaliers
2010-11 Rose, DerrickDerrick Rose Base Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
2011-12 James, LeBronLeBron James Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Miami Heat
2012-13 James, LeBronLeBron James Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Miami Heat
2013-14 Durant, KevinKevin Durant Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Oklahoma City Thunder
2014-15 Curry, StephenStephen Curry Base Estados Unidos de América Estados Unidos Golden State Warriors

Maior número de galardóns[editar | editar a fonte]

Por xogador[editar | editar a fonte]

Larry Bird (3 veces).
Número Xogador Carreira
6 Kareem Abdul-Jabbar 1969–1989
5 Michael Jordan 1984–2003
Bill Russell 1956–1969
4 Wilt Chamberlain 1959–1973
LeBron James 2003–presente
3 Larry Bird 1979–1992
Magic Johnson 1979–1996
Moses Malone 1974–1995
2 Tim Duncan 1997–presente
Karl Malone 1985–2004
Steve Nash 1996–2015
Bob Pettit 1954–1965

Por equipo[editar | editar a fonte]

Magic Johnson (3 veces).
Moses Malone (3 veces).
Número Equipo
10 Boston Celtics
8 Los Angeles Lakers
6 Chicago Bulls
Philadelphia 76ers
3 Houston Rockets
Milwaukee Bucks
Phoenix Suns
San Antonio Spurs
2 Cleveland Cavaliers
Golden State Warriors
Miami Heat
St. Louis Hawks
Utah Jazz
1 Baltimore Bullets
Buffalo Braves
Cincinnati Royals
Dallas Mavericks
Minnesota Timberwolves
New York Knicks
Oklahoma City Thunder
Portland Trail Blazers

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]