Lyrurus mlokosiewiczi
Lyrurus mlokosiewiczi Galo lira do Cáucaso, galo lira caucásico | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lámina de Lyrurus mlokosiewiczi, na obra de John Gould The Birds of Asia, Volume 6, nº 66. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lyrurus mlokosiewiczi (Taczanowski, 1875) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Lyrurus mlokosiewiczi, coñecido vulgarmente como galo lira do Cáucaso ou galo lira caucásico, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas comprendidas no xénero Lyrurus.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1875 polo zoólogo polaco, especializado en ornitoloxía, Wladyslaw Taczanowski, co nome de Tetrao mlokosiewiczi.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Lylurus.
O epíteto específico, mlokosiewiczi, é unha homenaxe de Taczanowski ao seu compatriota o naturalista Ludwik Mlokosiewicz.
Nomes vulgares
[editar | editar a fonte]Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como galo lira do Cáucaso ou galo lira caucásico, coas adaptacións pertinentes a cada unha das linguas.
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Algúns autores aínda designan a especie polo seu basónimo, Tetrao mlokosiewiczi, que foi substituído polo actual recentemente.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Moi semellante en forma, tamaño e costumes ao galo lira común, do que se diferencia sobre todo porque as plumas da cola dos machos teñen a forma de lira menos marcada.[3]
O macho adulto é maior que a femia, como é usual nos fasiánidos, e mide de 50 a 55 cm de lonxitude, mentres que a femia só alcanza de 37 a 42 cm. A plumxe do macho é negra, agás nas cellas de cor vermella; a da femia é gris con algunhas manchas máis escuras.[4]
É quizais o menos coñecido de todos os galos do mundo.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Como especie fundamentalmente terrícola vive en zonas de monte baixo, en ladeiras poboadas con rododendros ou outras matogueiras, nas montañas do sueste de Europa (Cáucaso) e zonas adxacentes (nordeste de Turquía e noroeste de Irán).[3]
Status
[editar | editar a fonte]Inicialmente cualificado como unha especie con datos insuficientes pola UICN, unha investigación recente mostra que a súa poboación está diminuíndo en certa medida, e por iso, a partir de 2008, está catalogada case ameazada.[1]
A súa poboación estimouse en 2006 en ao redor de 70 000 espécimes.[5]
Os esforzos para a súa conservación inclúen fomentar o ecoturismo, como unha maneira de promover o coñecemento desta ave e o seu hábitat.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Lyrurus mlokosiewiczi na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 5 de xaneiro de 2019.
- ↑ Segundo a clasificación IOC 4.1 (da International Ornithologists' Union).
- ↑ 3,0 3,1 Bruun & Singer 1971, p. 96.
- ↑ Madge, Steve; McGowan, Phil; Kirwan, Guy M. (2002). Pheasants, partidges, grouse and sandgrouse. Londres: Christopher Helm. ISBN 0-7136-3966-0.
- ↑ Couzens, Dominic (2008). Top 100 Birding Sites of the World. University of California Press. pp. 73–74. ISBN 978-0-520-25932-4.
- ↑ "Doga Dernegi Caucasian Black Grouse Project". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2008. Consultado o 5 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lyrurus mlokosiewiczi ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lyrurus mlokosiewiczi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bruun, P. & Singer, A. (1971): Guía de las aves de Europa. Barcelona: Ediiones Omega, S A.
- Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.