Lyona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLyona

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Esparreguera, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustradora , deseñadora gráfica , deseñador de moda , cineasta , fotógrafa , directora de vídeos musicais Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata

Páxina weblyona.cat Editar o valor em Wikidata
Facebook: Lyonalyona Twitter: lyona_ivanova Instagram: lyona_ivanova Vimeo: lyona Pinterest: lyonaize Editar o valor em Wikidata

Lyona ou Lyona Ivanova,[1] pseudónimo de Marta Puig,[2] nada en Esparreguera (Barcelona) o 1 de agosto de 1979, é unha ilustradora, deseñadora gráfica e de moda,[3] fotógrafa e artista multidisciplinar catalá, coñecida como directora de videoclips.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É Licenciada en Dirección de Cinema pola Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya. Realizou curtametraxes e videoclips para Love of Lesbian, The New Raemon, Lori Meyers, Sidonie, Mürfila, Maria Coma, Pau Vallvé, Anna Roig i L'ombre de ton chien, Amaral, Leiva e Zahara, entre outros, ademais de anuncios publicitarios.[2][4]

Como artista polifacética, ilustrou libros infantís e para adultos, dedicouse ao deseño gráfico de axendas, bolsos, camisetas e roupa de bebé, e é responsable das animacións e videoarte da obra de teatro La dona vinguda del futur.[5] Tamén debuxou viñetas sobre o sexo desde o punto de vista feminino.[3]

Lyona é moi activa nas redes sociais. Deuse a coñecer en Fotolog, a través do cal obtivo moitos encargos profesionais.[6][7]

Obras ilustradas[editar | editar a fonte]

  • Jo mataré monstres per tu (2011) con Santi Balmes, Col·lecció Principal Infantil[1]
  • Pintas mucho (2011) con Flavita Banana, Cristina Bueno e Monstruo Espagueti. Stendhal Books[3]
  • Mis primeros primeros besos (2014) Col·lecció Principal de los Libros[1]
  • La vida es corta y luego te mueres (2015) con Enric Pardo. Col·lecció Reservoir Gráfica
  • Monsieur Gargot (2015) con Marcus. Col·lecció Principal Infantil
  • Alyona (2016) Col·lecció Principal Infantil
  • El libro de tu vida (2016) Col·lecció Principal Gráfica. Libro interactivo
  • Martina y Anitram en el País de los Calcetines Perdidos (2017) con Santi Balmes, Col·lecció Principal Infantil
  • Sex-oh! (2019). Random[1]
  • La revolta de Santa Jordina (2019) con David Fernàndez. Àmsterdam Llibres[8]

Notas[editar | editar a fonte]