Santi Balmes
Aparencia
(2010) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de novembro de 1970 Barcelona |
| Actividade | |
| Ocupación | músico, compositor, escritor |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Indie pop e pop rock |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Santiago Balmes Sanfeliu, nado en Sant Vicenç dels Horts (Barcelona) o 25 de novembro de 1970, é un cantante catalán de estilo indie pop e membro da banda Love of Lesbian. Como novelista, publicou cinco libros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Instituto Frederic Mompou da súa vila natal. En 1997 Balmes empezou na música xunto a Love of Lesbian. Ese ano enviaron unha maqueta a un concurso da revista Ruta 66, en que quedaron en segundo posto. Isto permitiulles gravar por primeira vez nun estudio. Dedicaron os seus primeiros anos á música en inglés, cos discos Microscopic Movies (1999), Is it Fiction? (2002) e Ungravity (2003).
En 2011 publicou a súa primeira novela, Yo mataré monstruos por ti.
Libros publicados
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Descrición |
| 2011 | Yo mataré monstruos por ti | Martina ten medo polas noites. Cre que baixo o chan da súa habitación se agocha un mundo habitado por monstros que camiñan coa cabeza cara a abaixo. Que pasaría se rachase a fronteira entre ambos os mundos? |
| 2012 | ¿Por qué me comprásteis un walkie-talkie si era hijo único? | Lembrades aquel cantante chamado Cuchi Cuchi, o neno prodixio que triunfou en España e en América do Sur durante os anos sesenta e setenta?- ...Nós tampouco. |
| 2014 | La doble vida de las hadas | Relatos de Santi Balmes en que el mesmo se mergulla como protagonista. Mestura realidade e ficción co seu inconfundíbel estilo de a cabalo entre o humor e a lírica reprimidas. |
| 2017 | Canción de bruma | Con prólogo do guitarrista e letrista Egon Soda, o libro recolle 70 textos de diferentes extensións, algunhas aforismos, outros apuntamentos de cancións, textos que inspiraron temas do último disco El poeta Halley e poemas que non naceron para seren cantados. |
| 2018 | El hambre invisible | Novela con trazos de autobiografía, ensaio, poesía, diario e regresión. |
| 2021 | Bajaré de la luna en tirolina | David, ou Déibid Weirdo, como lle gusta que o chamen, é un preadolescente que ve o mundo desde unha perspectiva moi diferente á do resto da súa familia. Non está a pasar polo seu mellor momento: os seus pais acábanse de separar, o seu irmán máis vello, Dano, deixou de falarlle sen que Déibid saiba o motivo e, aínda por riba, namorouse por primeira vez dunha moza da que non sabe nin o seu nome. |
Discografía oficial
[editar | editar a fonte]| Ano | Título |
| 1999 | Microscopic Movies |
| 2002 | Is It Fiction? |
| 2003 | Ungravity |
| 2005 | Maniobras de escapismo |
| 2007 | Cuentos chinos para niños del Japón |
| 2009 | 1999 (o cómo generar incendios de nieve con una lupa enfocando a la luna) |
| 2012 | La noche eterna. Los días no vividos |
| 2014 | Nouvelle Cuisine Caníbal (só en formato dixital e vinilo) |
| 2016 | El Poeta Halley |
| 2017 | Nouvelle Cuisine Caníbal, vol. 2 (só en formato dixital e vinilo) |
| 2018 | El gran truco final |
| 2021 | V.E.H.N |