Luís Villares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1978 (46 anos) Lugo, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
21 de outubro de 2016 – Lexislatura: X Lexislatura do Parlamento de Galicia Circunscrición electoral: Lugo Electo en: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz, político |
Partido político | En Marea |
Luís Villares Naveira, nado en Lugo o 8 de agosto de 1978[1], é un xuíz e político galego de En Marea e portavoz do seu grupo parlamentario na X Lexislatura do Parlamento de Galicia. En febreiro de 2020, anunciou o seu abandono da política antes das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.[2]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especializado na rama de Dereito do Consumo.
Xuíz de carreira dende 2005, exerceu na Fonsagrada (2007-2010) e despois como maxistrado do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional (2010-2011), titular no Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (2011-2012), no Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo e na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi coordinador en Galicia da asociación progresista Xuíces para a Democracia e é membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]O seu foi un dos nomes que soaron para liderar o proxecto político de En Marea para as eleccións galegas de 2016[3]. O 6 de agosto do 2016 presentou a súa candidatura ás primarias deste partido,[4] tralo cal foi elixido candidato á presidencia da Xunta de Galicia.[5]
Logo dos comicios -nos que Villares encabezou as listas pola provincia de Lugo- En Marea foi a segunda lista máis votada e acadou un total de 14 deputados.[6] Porén, o espazo político de En Marea crebou por mor das disputas internas. A finais de 2018, unha crise relacionada coa elección dun novo liderado do partido deveu nunha división entre os membros partidarios de Villares e os membros dos partidos fundadores de En Marea, Podemos, Anova-Irmandade Nacionalista (Anova) e Esquerda Unida (EU). Villares foi elixido como novo líder de En Marea o 24 de decembro de 2018 en medio de acusacións de fraude electoral,[7][8] o cal provocou que Podemos, Anova e EU abandonasen En Marea considerándoo como un proxecto político "errado".[9][10][11] Os parlamentarios de Podemos, Anova e EU formaron o Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia en setembro de 2019.[12][13] Podemos e EU participaron tanto nas eleccións de abril como nas de novembro de 2019 baixo a marca En Común–Unidas Podemos,[14][15] formando o subgrupo Galicia en Común dentro de Unidas Podemos no Congreso dos Deputados.[16]
En febreiro de 2020, antes das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, anunciou que non se presentaría ós comicios e que a finais dese mes abandonaría a política.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Estatuto xurídico da lingua galega, 2005.
- A inconstitucionalidade da segregación do estudantado por razón de lingua, 2009.
- Estudo crítico do sistema de responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos: ensinanzas do Prestige, 2009.
- Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo, 2010 (coordinador).
Galardóns
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luís Villares: o defensor do galego que toca a zanfona e a gaita" Arquivado 15 de agosto de 2016 en Wayback Machine., artigo en El Progreso, 6 de agosto de 2016 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 "Luis Villares non se presentará ás eleccións e abandonará a política". Nós Diario. 19 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de febreiro de 2020.
- ↑ "Sopesan o maxistrado Luís Villares como candidato da Marea á Presidencia", nova en Praza Pública o 21 de abril de 2016.
- ↑ "Villares formaliza a súa candidatura na Marea para "inverter a tendencia dos malos xestores" - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2016-08-08.
- ↑ "El magistrado Luis Villares, candidato de En Marea a la Xunta con un apoyo del 87% en las primarias - RTVE.es" (en castelán). 2016-08-19. Consultado o 2016-08-19.
- ↑ "Resultados Electorales en Galicia: Elecciones Autonómicas 2016". El País (en castelán). Consultado o 2016-09-27.
- ↑ "La candidatura de Luis Villares gana las primarias de En Marea con el 59% de los votos". eldiario.es (en castelán). 24 de decembro de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Las primarias de En Marea acaban en los juzgados por denuncias de fraude". El País (en castelán). 27 de decembro de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Podemos plantea al sector crítico la ruptura de En Marea". El País (en castelán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2019.
- ↑ Europa Press, ed. (8 de xaneiro de 2019). "Podemos Galicia ofrece a EU, Anova y las mareas locales abrir un "diálogo" fuera de En Marea" (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Villares discrepa de los críticos de Podemos y dice que En Marea es "un proxecto con moito futuro"". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2019.
- ↑ Cadena SER, ed. (2 de setembro de 2019). "Nace 'Grupo Común da Esquerda' para olvidar la fallida En Marea" (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2019.
- ↑ Galicia Press, ed. (3 de setembro de 2019). "Grupo Común da Esquerda es la nueva marca de Podemos Galicia, ANOVA y Esquerda Unida" (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2019.
- ↑ "Aprueban la coalición En Común, marca de Unidas Podemos en Galicia". Diario de Ferrol (en castelán). 20 de marzo de 2019. Consultado o 3 de setembro de 2019.
- ↑ "En Común: la marca de Podemos e IU en Galicia para las elecciones generales". eldiario.es (en castelán). 23 de marzo de 2019. Consultado o 3 de setembro de 2019.
- ↑ "Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Común Podem-Galicia en Común: el nombre interminable del grupo parlamentario de Podemos en el Congreso". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine.
- Biografía na web oficial de EnMarea
- Ficha en Armela
- Entrevista en Faro de Vigo.