Luís Cortiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Cortiñas
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 1987 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Concepción del Uruguay, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata


Luís Antonio Cortiñas Díaz, nado en Betanzos o 3 de novembro de 1900 e finado en Concepción del Uruguay (Arxentina) o 24 de xullo de 1987, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do farmacéutico Ricardo Cortiñas Vidal e de Juana Díaz Rodríguez, e irmán de Francisco Cortiñas Díaz, foi o menor dos trece fillos do matrimonio. Estudou o bacharelato na Coruña e Dereito na Universidade de Madrid. Sendo estudante en Madrid formou parte da primeira directiva da Mocedade Céltiga (1921). Colaborou en Rexurdimento, co pseudónimo Lucordia, e A Nosa Terra e foi presidente da Irmandade da Fala de Betanzos. Asistiu á VI Asemblea Nacionalista celebrada na Coruña en 1930. Instalouse como avogado na Coruña en 1931, militou na ORGA, impartiu conferencias sobre Dereito e colaborou en La Voz de Galicia. Despois militou en Izquierda Republicana.

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 cólleo en Carballo, onde pasaba consulta de avogado. En setembro bota unha tempada en Viveiro. En novembro foi detido en Carballo pola denuncia dun sarxento de Requetés. Procesado en outubro, impóñenlle unha multa e embárganlle a súa parte da casa familiar. Ingresou durante seis meses no manicomio de Conxo para eludir a cadea e a posibilidade de ser paseado. Acusado de rebelión foi xulgado na Coruña en consello de guerra o 13 de novembro de 1937.[1] Condenado a cadea perpetua, cumpriu a pena na cadea de Pamplona. Foille concedida a liberdade condicional o 25 de xaneiro de 1941.

Ao saír do cárcere exiliouse na Arxentina, onde tiña familia. Instalouse en Concepción del Uruguay, onde traballou como avogado e fundou a Agrupación de Republicanos Españoles en 1941. Na Arxentina colaborou con organizacións antifranquistas e co Centro Betanzos de Buenos Aires. Participou no primeiro Congreso da Emigración Galega. Colaborou na revista Betanzos e en Lar. Publicou en 1958 o libro Traizón consagrada. A gran derrota do pobo hispano, onde relata os acontecementos da súa detención, condena e prisión. Foi membro da loxa Jorge Washington de Concepción del Uruguay.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Traición consagrada (La gran derrota del pueblo hispano), 1958. Reedición en galego da Asociación Cultural Eira Vella, 2010.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Manuela Lema e foi pai de Luis Manuel Cortiñas Lema.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Limiar de Xesús Torres Regueiro de Traizón consagrada. A gran derrota do pobo hispano, Asociación Cultural Eira Vella, 2010.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]