VI Asemblea Nacionalista
Aparencia
VI Asemblea Nacionalista | |
---|---|
Tipo | congreso |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A VI Asemblea Nacionalista celebrouse na Coruña o 27 de abril de 1930.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O grupo ourensán de Vicente Risco celebrou a asemblea na Coruña, coa presenza das distintas tendencias das Irmandades. A reunión asistiron 44 compromisarios, dos cales case a metade eran membros do grupo coruñés. Acordaron a reconstitución das Irmandades da Fala en toda Galicia, designar un Comité executivo formado por Otero Pedrayo, Antón Iglesias Vilarelle e Salvador Mosteiro, reafirmar os acordos da Asemblea de Lugo de 1918 como programa marco e crear un Partido Autonomista Republicano Agrario Autónomo, que non chegou a nacer.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ínsua, Emilio Xosé (2016). A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-201-7.
- Artigos "Irmandandes da Fala" e "Galeguismo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD).