Luiz Carlos Tatu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luiz Carlos Tatu
Información persoal
Nome Luiz Carlos da Silva Lemos
Nacemento 11 de agosto de 1947
Lugar de nacemento Três Irmãos
Posición Extremo dereito
Carreira xuvenil
Paduano Esporte Clube
Flamengo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1967–1969 Flamengo
1969–1977 Vasco da Gama
1972 Cruzeiro
1977–1978 Fluminense
1979 Campo Grande
1980 Bangu
1981 Campo Grande
Olaria
Selección nacional
1968 Brasil 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Luiz Carlos da Silva Lemos, máis coñecido como Luiz Carlos Tatu, nado en Três Irmãos, Río de Xaneiro, o 11 de agosto de 1947, é un exfutbolista brasileiro que xogaba como extremo dereito.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol na súa localidade natal, Três Irmãos, instalándose máis tarde en Santo Antonio de Pádua, onde xogou no Paduano Esporte Clube.[1][2] Aos 17 anos ingresou no Flamengo do Río de Xaneiro. Comezou no equipo xuvenil, pasando logo ao primeiro equipo, no que pronto comezou a destacar. En 1968 disputou un partido coa selección brasileira, contra Iugoslavia no Maracanã, saíndo de titular na dianteira xunto a Pelé, Tostão e Edu.[3]

Militou no Mengão ata o Entroido de 1969, cando foi traspasado ao Vasco da Gama.[1] No Vascão xogou durante os seguintes oito anos, nos que gañou un Campionato Carioca en 1970. En 1972 saíu cedido ao Cruzeiro, club co que gañou o Campionato Mineiro. Ao seu regreso ao Río, participou da primeira conquista do Campionato Brasileiro na historia do Vasco, na edición de 1974.

A comezos de 1977 foi traspasado ao Fluminense a cambio de Dirceu Guimarães.[1] Xogou dúas campañas no Flu e nos seus últimos anos de carreira militou no Bangu, no Olaria e no Campo Grande.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Luís Carlos… o conto do vigário" (en portugués). 5 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  2. "Luiz Carlos Tatu participou de live no canal Casaca!" (en portugués). 23 de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  3. "Brasil - Iugoslavia 1968". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]