Luis Liz Marzán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1965 (59 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Plasmonic Nanoparticles (en) , interface and colloid science (en) e Biomedicina |
Ocupación | Biomédico (pt) |
Empregador | CIC biomaGUNE (en) (2012–) Ikerbasque (en) (2012–) Universidade de Vigo, catedrático (1995–2012) |
Membro de | |
Premios | |
Luís Manuel Liz Marzán, nado en Lugo o 20 de decembro de 1965, é un químico galego especializado na síntese de nanomateriais con propiedades ópticas especiais e as súas aplicacións en biomedicina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988 e na mesma universidade obtivo un doutoramento en 1992, tras realizar unha tese de doutoramento titulada “Microemulsiones. Un novo medio de reacción para a síntese de partículas magnéticas ultrafinas”, baixo a dirección de M. Arturo López Quintela. Tras dous anos de investigación postdoutoral na Universidade de Utrecht (Países Baixos) regresou a España en 1995, facendo carreira na Universidade de Vigo, onde obtivo unha cátedra de Química Física en 2006.
En 2012 trasladouse a Donostia-San Sebastián, como Profesor de Investigación Ikerbasque e Director Científico do Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriais, CIC biomaGUNE. Durante breves períodos foi profesor visitante en diversas institucións de todo o mundo, como Tohoku University (Xapón), Universidade de Míchigan (Estados Unidos de América), The University of Melbourne (Australia), Universität Hamburg (Alemaña), Max Planck Institute of Colloids and Interfaces (Alemaña), King Saud University (Arabia Saudita), École Normale Supérieure Paris-Saclay (Francia), Jiangnan University (China) e Collège de France.
Investigación
[editar | editar a fonte]As principais liñas de investigación de Luís Liz Marzán son:
- Síntese, caracterización e modelización de nanopartículas e materiais de interese en nanomedicina e outras nanotecnoloxías: Nanomateriais plasmónicos.
- Procesado de nanopartículas en forma de monocapas e multicapas autoensambladas, agregados coloidais etc.
- Aplicacións de espectroscopia Raman amplificada en superficies (SERS) para detección e diagnóstico.
Proxectos Destacados
[editar | editar a fonte]- 2011 - Advanced Grant do European Research Council para o proxecto Development of plasmonic quorum sensors for understanding bacterial- eukaryotic cell relations[1]
- 2018 - Obtención de Advanced Grant do European Research Council para o proxecto Four-Dimensional Monitoring of Tumour Growth by Surface Enhanced Raman Scattering[2]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Académico Correspondente da Real Academia Galega de Ciencias
- Académico Electo da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales[3]
- Académico Correspondente da Academia de Ciencias Matemáticas, Físico-Químicas e Naturais de Granada[4]
- Membro de Academia Europaea
- Membro de European Academy of Sciences
- Fellow de Optical Society of America
- Fellow de Royal Society of Chemistry
- "Hermanos Elhuyar - Hans Goldschmidt" Award (German Chemical Society, GDCh) (2019)
- Premio Nacional de Investigación "Enrique Moles" en Ciencia e Tecnoloxía Químicas (2018)
- Blaise Pascal Medal in Materials Science (European Academy of Sciences) (2017)[5]
- JCIS- Darsh Wasan Award in Colloid and Interface Science (Elsevier)(2017).[6]
- Premio Rey Jaime I en Investigación Básica (2015)
- Medalla da Real Sociedade Española de Química (2014)
- ECIS RhodiaPrize (EuropeanColloid and Interface Society) (2013)[7]
- Langmuir Lecturer Award (American Chemical Society] (2012)
- ACS Nano Lectureship Award(American Chemical Society) (2012)
- Premio de Investigación Burdinola (2011)[8]
- Premio DuPont da Ciencia (2010)
- Humboldt Award (Fundación Alexander von Humboldt) (2009)[9]
- Premio de Química Física de la Real Sociedad Española de Química (2009)
- Homenaxeado no día da Ciencia en Galego en 2019.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PLASMAQUO". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 07 de xaneiro de 2020.
- ↑ "4DbioSERS.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 07 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Académicos. Excmo. Sr. D. LUIS MANUEL LIZ MARZÁN". rac.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01-06-2020. Consultado o 7-1-2020.
- ↑ "Academia de Ciencias Matemáticas, Físico-Químicas y Naturales. Académicos correspondientes (por orden alfabético)". ugr.es (en castelán). Consultado o 7-1-2020.
- ↑ Blaise Pascal Medal
- ↑ JCIS- Darsh Wasan Award
- ↑ EuropeanColloid and Interface Society
- ↑ Burdinola
- ↑ Fundación Alexander von Humboldt
- ↑ "Luís Liz Marzán e Noam Chomsky, dous dos homenaxeados no día da Ciencia en galego". cienciaengalego.org. 11-11-2019. Consultado o 7-1-2020.