Luís Emilio Batallán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis Emilio Batallán")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Emilio Batallán
Nacemento18 de setembro de 1948
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e médico
editar datos en Wikidata ]

Luís Emilio Batallán González, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1948, é un médico e músico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Luís Batallán Pena. En 1975 publicou o disco Ahí ven o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro e do que se venderon máis de cincocentos mil exemplares.[1] Foi durante catro anos presidente do Pontevedra Club de Fútbol. En 1989 apareceu o seu segundo disco, Ballet da nena, con letras propias e de Uxío Novoneyra, Neira Vilas, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Antonio. En 1992 apareceu o seu terceiro elepé Eres un fármaco. O seu último traballo é Tu retrato, aparecido en 2007.

Casado e con dúas fillas. Na actualidade é médico rural en Moraña.

Discografía[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Batallán foi fillo de Luís Batallán Pena, médico, e alcalde de Moraña durante o franquismo, e mais de Ofelia González Taboada, farmacéutica en Moraña, finada en 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]