Ludolph van Ceulen
Ludolph van Ceulen | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de xaneiro de 1540, 7 de febreiro de 1540 e 1540 |
Lugar de nacemento | Hildesheim |
Falecemento | 31 de decembro de 1610 e 1610 |
Lugar de falecemento | Leiden |
Soterrado | Pieterskerk |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Universidade de Leiden |
Ocupación | matemático e profesor universitario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ludolph van Ceulen, nado en Hildesheim o 28 de xaneiro de 1540 e finado en Leiden o 31 de decembro de 1610, foi un matemático alemán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pais humildes, só terminou unha formación elemental. Emigrou aos Países Baixos por motivos relixiosos, onde foi profesor de esgrima e matemáticas. Ensinou en Delft e Leiden. No ano 1600 foi nomeado profesor de matemáticas e enxeñaría da Universidade de Leiden, onde permaneceu até o seu pasamento.
É coñecido principalmente por calcular o valor de π cunha aproximación de 35 cifras decimais utilizando o método dos perímetros mediante un polígono regular de 262 lados. De feito, este número foi coñecido no continente durante moito tempo como número ludolphino. Pasou gran parte da súa vida neste labor e a súa tumba reflícteo no feito de ter gravadas as 35 cifras: 3,14159265358979323846264338327950288.
Escribiu un tratado Sobre o círculo, onde se dá unha primeira aproximación de pi con 20 cifras decimais. O seu máis reputado estudante foi Willebrord Snel, quen traduciu dúas das obras de Van Ceulen ao latín.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía de van Ceulen Arquivado 03 de maio de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- Ludolph van Ceulen (1540-1610) (en neerlandés)