Saltar ao contido

Lucy Salani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucy Salani

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Luciano Salani Editar o valor en Wikidata
12 de agosto de 1924 Editar o valor en Wikidata
Fossano (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 2023 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Boloña, Italia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBoloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntapiceiro, decoradora Editar o valor en Wikidata
MovementoAntifascismo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda Guerra Mundial Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6249778 WikiTree: Salani-11 Editar o valor en Wikidata

Lucy Salani, nada en Fossano o 12 de agosto de 1924 e finada en Boloña o 22 de marzo de 2023, foi unha activista italiana e a única persoa transxénero italiana coñecida en ter sobrevivido nos campos de concentración nazis.[1]

Nada en Fossano e criada en Boloña, Salani considerábase un home homosexual antes de someterse a unha cirurxía de reasignación de xénero máis tarde na súa vida. Declarada antifascista, desertou dos exércitos fascista italiano e alemán nazi durante a segunda guerra mundial, antes de ser capturada e deportada ao campo de concentración de Dachau en 1944, onde permaneceu até a liberación do campo polas tropas estadounidenses en abril de 1945. Trala súa liberación e o remate da guerra, Salani viviu en Roma, Turín e París, antes de completar a súa transición en Londres. Logo regresou a Boloña na década de 1980 e finalmente pasou o resto da súa vida nesa cidade, onde faleceu en 2023 aos 98 anos.

A historia de vida de Salani gañou a atención do público durante a década de 2010, xa que a escritora e directora Gabriella Romano lle dedicou unha biografía e un documental.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]