Lucinda Mamani
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bolivia |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Lucinda Mamani Choque é unha mestra boliviana aimará que en 2016 foi finalista ao Premio Global ao Ensino.[1][2] Dá clases na escola de Calería, unha comunidade indíxena aimará a 70 quilómetros da capital de Bolivia, A Paz.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mamani naceu nunha pequena comunidade á beira do lago Titicaca, pero a súa familia desprazouse a El Alto na procura dun futuro mellor. Aínda que inicialmente quería ser enfermeira, acabou por inscribirse na Escola Superior de Formación de Mestres Warisata, a primeira universidade indíxena rural de Bolivia.[1]
Os estudantes da escola na que ensina Lucinda proveñen de familias labregas, indíxenas e con poucos recursos.[3] Nela decatouse da enorme desigualdade e discriminación cara ás mulleres no eido educativo, polo que comezou a traballar a prol da igualdade de xénero entre os estudantes e na sociedade.[4] Deseñou materiais para poñer en valor o rol da muller na cosmovisión indíxene por medio de teatro, programas de radio ou publicacións.[5] Tamén impartiu obradoiros e charlas sobre os dereitos das mulleres, incluíndo en todas as materias a temática das mulleres, a violencia e a igualdade de xénero.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio de excelencia educativa (2014), outorgado pola Fundación para a Integración e Desenvolvemento de América Latina.[1]
- Finalista no Premio Global ao Ensino (2016).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gracia, Isabel (9 de marzo de 2016). "La maestra indígena que revoluciona las aulas rurales". El País (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "Lucinda Choque". www.globalteacherprize.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "La maestra aymara cambió por completo la vida de las niñas de su comunidad". agritotal.com (en castelán).
- ↑ Aleman, Fredo (30 de decembro de 2016). "Esta maestra ha cambiado tantas vidas con las increíbles enseñanzas que da sus alumnos". Fabiosa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "Los ‘Nobel’ de la Educación en castellano". acuorum.com. Consultado o 14 de marzo de 2020.