Luísa Piñeiro Arcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luísa Piñeiro Arcos
Nacemento1975
Lugar de nacementoMoraña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
Na rede
Facebook: LuisaPineiroPPPontevedra Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Luísa Piñeiro Arcos, nada en Moraña en 1975, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É enxeñeira técnica industrial forestal e máster en Consultaría e Verificación Medioambiental. Foi xefa do Proxecto Galicia-Sur do Servizo de Tramitacións da empresa Applus-Norcontrol.[1] Presentouse ás eleccións municipais de 2011 en Moraña encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa como líder da forza máis votada, gobernando en minoría ao non prosperar o tripartito que impulsaba o PSdeG-PSOE con AEM e o BNG. Nas sucesivas eleccións municipais de 2015 e 2019 volvería a ser elixida alcaldesa, en ambas ocasións por maioría absoluta.

En setembro do 2020, foi nomeada delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, sendo substituída na alcaldía de Moraña por José Cela Camiño.[2] O 5 de febreiro de 2021 dimitiu logo de coñecerse a sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra pola que foi condenada por fraude a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación para cargo público, xunto con Rafael Louzán.[3] Porén, en maio de 2022 resultou absolta[4], concorrendo como número 2 do PPdeG en Moraña en 2023 e revalidando a maioría absoluta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (5 de maio de 2010). "Louzán situó a Luisa Piñeiro al frente de la formación con la vista puesta en las municipales del 2011". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  2. G.P., M. (11 de setembro de 2020). "Luisa Piñeiro sustituye a Cores Tourís como delegada de la Xunta en Pontevedra". diariodepontevedra.es (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  3. Redacción (5 de febreiro de 2021). "A delegada territorial da Xunta, Luísa Piñeiro, dimite tras ser condenada por fraude". nosdiario.gal. Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  4. Luisa Piñeiro, tras ser absuelta de fraude y prevaricación: "O dano que me fixeron non o repara ninguén"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Eiras Paz
 
Alcaldesa de Moraña
 
2011 - 2020
Sucesor:
José Cela Camiño