Saltar ao contido

José Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Eiras
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor en Wikidata
Moraña, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Moraña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Moraña
1983 – 2011 – Luísa Piñeiro Arcos → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

José Amador Eiras Paz, nado en Moraña en 1938 e finado o 30 de decembro de 2020[1], foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre de profesión. Foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Moraña nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido concelleiro, sendo a segunda forza política do concello. [2]. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas ao apoio de AP. En 1987 foi reelixido alcalde ó lograr maioría simple, mentres que en 1991 e 1995 o faría con maioría absoluta. En 1999 foi novamente elixido alcalde, pero nesta ocasión por maioría simple. En 2003 volveu a ser elixido alcalde, recuperando a maioría absoluta. No 2007, tras sufrir unha escisión comandada polo seu tenente de alcalde ata outubro de 2005 Celso Diz, volveu a ser elixido alcalde por maioría simple. En 2011 retirouse da política activa.

Durante o seu mandato foi moi polémica a construción dun encoro sobre o río Umia que provocou unha crise na agrupación local coa marcha de varios militantes.[1] Foi presidente do grupo de acción local ADR Ulla-Umia (2003)[3] e deputado provincial (2007-2011).


Predecesor:
Ernesto Fariña Ruibal
 
Alcalde de Moraña
 
1983 - 2011
Sucesor:
Luísa Piñeiro Arcos
  1. 1,0 1,1 Redacción (30 de decembro de 2020). "Fallece José Eiras, histórico alcalde socialista de Moraña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  2. "Fallece José Eiras, alcalde de Moraña entre 1993 y 2011". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2020-12-31. 
  3. B., C. (17 de outubro de 2003). "«La rabieta de Roberto no tiene razón de ser»". lavozdegalicia.es/ (en castelán). Archived from the original on 12 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]