Saltar ao contido

Luis López Pombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís López Pombo»)
Modelo:BiografíaLuis López Pombo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
As Nogais, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, coleccionista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1036641 BUSC: lopez-pombo-luis-1957 Dialnet: 357586

Luis López Pombo, nado o 11 de maio de 1957 na casa de Chancia (Nullán, As Nogais), é un historiador galego.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Trasladouse coa súa familia á cidade de Lugo en 1972 e traballou durante 22 anos como cristaleiro.[3]

Compaxinou os estudos co traballo, de xeito que realizou, primeiro, o ciclo de EXB nun centro nocturno de formación de adultos e, despois, o BUP nocturno. Cursou Xeografía e Historia na UNED, sen finalizar a carreira, e posteriormente proseguiu a completar a súa formación.[2] Escribiu 11 libros e máis de 200 artigos.[3] Os seus estudos xenealóxicos confirmaron as orixes dos devanceiros de Camilo José Cela en Triacastela.[4]

En 22 de xuño de 2004 foi nomeado Académico Correspondente en Lugo da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía. Tamén foi designado Delegado Provincial en Lugo da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.[1]

Todas as publicacións editadas pola Deputación de Lugo.

  • Concellos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela. Un recorrido por sus parroquias (1993).
  • O Courel y su comarca: su historia, sus paisajes, sus gentes (1993).
  • Municipio de Negueira de Muñiz (1994).
  • Municipio de Ourol. Un recorrido por sus parroquias (1995).
  • Castro de Rei: historia, arte y patrimonio (1999).
  • Hidalgos y casas señoriales de la provincia de Lugo: Ayuntamientos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela (2001)
  • Escudos de Lugo. La ciudad de Lugo según el Catastro de Ensenada, 1753 (2002).
  • La encomienda de Quiroga y sus documentos (1186-1831) (2002).
  • Lucenses de cuna o vínculo: biografías y genealogías (2003).
  • O Incio: paisaje, historia y patrimonio (2003).
  • O Cebreiro. Apuntamentos históricos e documentais (2013).

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio xornalístico «Vila de Samos».[1]
  • Diploma e placa de agradecemento outorgado polo concello de Ourol.[1]
  • Nomeado "Milagrosista 1995".[1]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Luis López Pombo". Galegos. 
  2. 2,0 2,1 López Pombo, Luis (1993). Concellos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela. Un recorrido por sus parroquias (en castelán). Deputación de Lugo. Lapelas. 
  3. 3,0 3,1 "Luis López Pombo, un estudioso que pisa la calle". El Progreso (en castelán). 19 de decembro de 2022. 
  4. Penoucos, X. R. (29 de novembro de 2018). "Luis López Pombo: «Camilo José Cela nunca coñeceu a casa, aínda que o intentou»". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]