Luís III de Provenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís III de Provenza
Louis3anjou.jpg
Nacemento25 de setembro de 1403
 Angers
Falecemento12 de novembro de 1434
 Cosenza
Causamalaria
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónmonarca
PaiLuís II, Duque de Anjou
NaiIolanda de Aragão
CónxuxeMargaret of Savoy, Duchess of Anjou
IrmánsRenato I de Nápoles, Charles, Count of Maine, María de Anjou e Yolande of Anjou
editar datos en Wikidata ]

Luís III de Provenza, coñecido como Luís de Calabria ata a morte do seu pai, para diferencialo deste, tamén chamado Luís de Anjou, nado en 1403 e finado en Cosenza, Italia, en 1434, foi conde de Provenza, duque de Anjou e rei titular de Nápoles (1417 - 1434), e duque de Calabria (1426 - 1434).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Primeiro fillo de Luís II de Provenza e Iolanda de Aragón, herdou o condado de Provenza así como os dereitos sobre o reino de Nápoles á morte do seu pai.

Como neto de Xoán I de Aragón, foi pretendente á Coroa de Aragón á morte de Martiño o Humano. O seu partido formouse arredor da súa avoa Iolanda de Bar, viúva de Xoán I, e cando a súa candidatura non prosperou, pasou a apoiar a Fernado de Antequera.

Ascenso ao trono[editar | editar a fonte]

O 4 de decembro de 1419 foi coroado rei de Nápoles polo papa Martíño V, coa oposición dos seus parentes Anjou-Durazzo.

As disputas entre as dúas ramas familiares sobre os dereitos dinásticos do Reino de Nápoles remóntanse á morte da raíña Xoana I de Nápoles sen descendencia directa. A adopción de Luís de Anjou por parte de Xoana I como herdeiro do trono de Provenza e Nápoles non satisfixo as aspiracións do seu curmán Carlos de Durazzo, o futuro Carlos III de Nápoles, e durante cincuenta anos houbo dúas liñas reais en Nápoles.

En alianza con Milán e Venecia, Luís III conseguiu a reconciliación con Xoana II de Nápoles e en 1423 nomeouno herdeiro directo. Pero este feito provocou unha nova disputa, xa que anteriormente (1421) a raíña Xoana adoptara a Afonso IV o Magnánimo como o seu sucesor. Esta disputa co Conde-Rei catalán trasladouse ata a veciña Provenza[1].

Nupcias[editar | editar a fonte]

En 1432 casou con Margarida de Savoia, filla de Amadeo VIII de Savoia. Non houbo fillos deste matrimonio, xa que Luís III morreu o 12 de novembro de 1434 vítima da malaria. Sen descendencia, o seu irmán Renato de Anjou foi nomeado herdeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Christian Maurel, «Le sac de la ville en 1423 et sa renaissance» en Marseille au Moyen Âge, entre Provence et Méditerranée. Les horizons d'une ville portuaire (en francés). Désiris. 2009. ISBN 978-2-915418-35-4.