Lois Fernando de Orleáns e Borbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís Fernando de Orleans e Borbón»)
Infotaula de personaLois Fernando de Orleáns e Borbón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luis Fernando María Zacarías de Orleans y Borbón Editar o valor em Wikidata
5 de novembro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 1945 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa d'Orleães (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMarie Say (1930–)
PaisAntónio de Orleães e Bourbon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Eulália (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAfonso, Duque de Galliera (pt) Traducir e Roberta de Orleans Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Orleans-86

Lois Fernando de Orleáns e Borbón,[1] nado en Madrid o 5 de novembro de 1888 e finado en París o 20 de xuño de 1945,[2] foi un infante de España por decisión da súa tía, a raíña rexente María Cristina. Ostentou o título desde o seu nacemento até 1924, cando o seu curmán, o rei Afonso XIII, retiroullo pola súa conduta pouco exemplar.[3] Lois Fernando era fillo do infante Antón de Orleáns, IV duque de Galliera, e da infanta Eulalia, filla da raíña Isabel II de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Lois Fernando naceu en Madrid en 1888, durante a minoría de idade do seu curmán carnal, o futuro Afonso.[4] O 4 de novembro de 1888 a súa tía, a raíña rexente María Cristina, decretou:

...vengo en disponer que el hijo o hija que diere a luz mi dicha hermana (Doña María Eulalia Francisca de Asís) goce las prerrogativas de Infante de España y mando que se le guarden las preeminencias, honores y demás distinciones correspondientes a tan alta jerarquía.[5]

Os pais de Lois Fernando eran curmáns carnais, pois as súas avoas, a raíña Isabel II e a infanta Luísa Fernanda, eran fillas do rei Fernando VII. O avó paterno era Antón de Orleáns, duque de Montpensier, e o avó materno, o rei consorte Francisco de Agarrades. Lois Fernando tiña un irmán máis vello, Afonso, chamado familiarmente Ali. En 1890 naceu unha nena, Roberta, quen non sobreviviu o parto.

Foi bautizado na capela do Palacio Real de Madrid o 2 de decembro de 1888. O seu padriño foi o seu tío Lois Fernando de Baviera e a madriña, a súa tía, a infanta Paz de Borbón. Impuxéronselle os nomes de Lois Fernando María Zacarías.[6]

En 1899 Lois Fernando e o seu irmán Afonso foron enviados a Inglaterra para seren educados polos xesuítas no Beaumont College. Regresaron a España en 1904.

En 1900, tras anos de discordia e infidelidades mutuas, os pais divorciáronse, o que causou un grande escándalo na familia Borbón. Desde aquel momento, a relación de Lois Fernando coa súa nai tornouse indiferente, xa que ela dedicaba o tempo a viaxar por Europa. Co seu pai cortou a relación. Daquela, este mantiña unha tormentosa relación coa súa amante, Carmen Giménez Flores, á que Afonso XIII, xa como rei, outorgaríalle o título de vizcondesa de Térmens.

Vida adulta[editar | editar a fonte]

En xullo de 1914, o xornal The New York Times anunciou por sorpresa o matrimonio de Lois Fernando de Orleáns cunha moza británica chamada Beatrice Harrington. Porén, en realidade o enlace era con Lois de Borbón, duque de Ánsola e curmán afastado seu.

En outubro de 1924, Lois Fernando foi expulsado de Francia por estar envolto nun caso de tráfico de drogas. A resposta polo escándalo foi que o seu curmán, o rei Afonso XIII, anuloulle os privilexios como infante de España e retiroulle o título o 9 de outubro dese ano, malia as protestas de Lois Fernando.[7] Incapacitado para vivir en España e en Francia, Lois trasladouse a Lisboa. En marzo de 1926, foi arrestado de novo ao tentar cruzar a fronteira hispanoportuguesa disfrazado de muller, e foi acusado de contrabando.

En 1929, a prensa publicou que Lois Fernando estaba comprometido con Mabelle Gilman Corey, actriz de Broadway e exesposa de William E. Corey, un magnate do aceiro. Con todo, o matrimonio nunca chegou a celebrarse.

En xullo de 1930, foi anunciado o enlace entre o exinfante e Marie Constance Charlotte Say (1857-1943), sobriña neta de Jean-Baptiste Say, viúva do príncipe Enrique Amadeo de Broglie e propietaria do castelo de Chaumont. Marie Say era filla de Constant Say, de quen herdara a azucreira do mesmo nome.[8] Naquel entón, Lois Fernando tiña 41 anos, e Marie, 72.

O anuncio causou un escándalo considerábel. O sobriño de Marie, François de Cossé, duque de Brissac, levou a Lois Fernando ante o Tribunal de Alta Instancia do Sena, no nome da familia, para deter o casamento. Declaraba que a súa tía estaba mentalmente incapacitada, ao que ela respondeu que pensaba no matrimonio desde había doce anos, mais que o aprazara polos seus netos. A corte determinou que o duque de Brissac non tiña dereito para se opor ao matrimonio da súa tía. Porén, nomeouse unha comisión de tres doutores que avaliarían o estado mental de Marie.[9] Estes acabaron confirmando o ditame xudicial.

O 19 de xullo de 1930, Lois Fernando e Marie Say casaron nunha cerimonia civil en Londres. Tiveron que esperar até outubro para casar nunha cerimonia relixiosa. Esta celebrouse na catedral de San Siro, en San Remo.[10] A parella quedou a vivir na cidade, nunha casa cedida pola nai, a infanta Eulalia, con quen o exinfante mantiña unha relación ambigua.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

O desmedido nivel de vida de Lois Fernando obrigou á súa muller a vender o seu castelo e as súas propiedades en Chaumont. En febreiro de 1935 foi novamente extraditado de Francia, pois fora detido nunha redada da brigada antivicio.

Desde había anos víñase cuestionando a súa orientación sexual. Dicíase que tiña unha conduta abertamente afectada e o populacho madrileño chamábao "o rei dos maricas".[11] Tras dilapidar a fortuna da súa esposa, abandonouna e marchou vivir só a París.

Lois Fernando converteuse nun activo membro da Resistencia francesa. De feito, disque cando o nazismo obrigou aos xudeus a levar a estrela amarela en Alemaña en 1938, vírono pasear por Berlín cunha cosida na chaqueta.

Lois Fernando finou en París en 1945, tras unha dolorosa cirurxía de castración para extirparlle un cancro de testículos. Está enterrado na igrexa do Inmaculado Corazón de María, na rue de la Pompe, en París.

En 2012, a editorial Espasa publicou a primeira biografía de Lois Fernando de Orleáns e Borbón. Titulada El infante maldito, é obra do escritor José Carlos García Rodríguez.

Títulos, ordes e armas[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

  • 5 de novembro de 1888-9 de outubro de 1924: Su Alteza Real el Serenísimo Señor Infante Don Luis Fernando de España[12][13][14]
  • 9 de outubro de 1924-20 de xuño de 1945: D. Lois Fernando de Orleáns[15]

Ordes[editar | editar a fonte]

  • 30 de abril de 1909-9 de outubro de 1924: Cabaleiro gran cruz da Orde de Carlos III.[15]
  • 30 de abril de 1909-9 de outubro de 1924: Primeiro cabaleiro maestrante da Real Maestranza de Cabalaría de Granada.[15]

Armas[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 
  2. Campo, Carlos Robles do (2009). "Los Infantes de España tras la derogación de la Ley Sálica (1830)" (PDF). Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía (12): 329–384. ISSN 1133-1240. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  3. Campo, Carlos Robles do (2009). "Los Infantes de España tras la derogación de la Ley Sálica (1830)" (PDF) (12): 329–384. ISSN 1133-1240. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  4. The Peerage, actualizado el 10 de mayo de 2003
  5. "Real decreto disponiendo que el Príncipe ó Princesa que diere á luz la Infanta Doña María Eulalia Francisca de Asis goce las prerrogativas de Infante de España." (PDF). Gaceta de Madrid. 5 de novembro de 1888. 
  6. "Anteayer tuvo lugar en el Real Palacio el acto de administrar el Santo Sacramento del Bautismo al Infante hijo de SS. AA. RR. los Serenísimos Sres. Infantes D. Antonio y Doña Eulalia." (PDF). 4 de decembro de 1888. 
  7. Alfonso XIII retiró el título de Infante a su primo Luis Fernando de Orleans
  8. The Peerage
  9. "Proposed Marriage of a French Princess", The Times (28 de xullo de 1930): 11; "Aged French Princess Wins Right to Marry", The New York Times (27 de xullo de 1930): 14.
  10. Data enlace matrimonial
  11. Wordpress
  12. "Real decreto disponiendo que el Príncipe ó Princesa que diere á luz la Infanta Doña María Eulalia Francisca de Asis goce las prerrogativas de Infante de España." (PDF). 5 de novembro de 1888. 
  13. "Acta de nacimiento y presentación del Infante que ha dado á luz la Infanta Doña María Eulalia." (PDF). 7 de novembro de 1888. 
  14. "Guía Oficial de España". 1912: 44. 
  15. 15,0 15,1 15,2 "Real decreto declarando privado a D. Luis Fernando María Zacarías de Orleans y de Borbón de las preeminencias, honores y demás distinciones correspondientes a la jerarquía de Infante de España, así como de la Gran Cruz de Carlos III y de la dignidad de Primer Caballero Maestrante de la Real de Granada." (PDF). 10 de outubro de 1924. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Rodríguez, José Carlos (2012). El infante maldito: Luis Fernando de Orleans y Borbón. Madrid: Espasa. ISBN 978-84-6700-428-1. 
  • García Rodríguez, José Carlos (2019). Vida e lenda do infante Luís Fernando de Orleans. O rei dos maricas. Madrid: Bibliostory Editions. ISBN 978-17-1811-531-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]