Lox (salmón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lox servido cun bagel

Lox é salmón cortado en filetes e curado. O proceso permite que non sexa necesario afumar ou cociñar o peixe, resultando nunha textura semellante á que ten o peixe crú. A palabra inglés deriva do yiddish lox – que é unha palabra do cognado do sueco (lax), danés/noruegués (laks), alemán (Lachs), e inglés antigo (læx). Sírvese a míudo con bagels e crema de queixo. O Lox é un dos alimentos máis importantes na cociña asquenací.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Regular; mariñado nunha salmoira, a míudo azucre, e especies. Este proceso denomínase "mariñado seco" e está vencellado coa comida afumada.
  • Nova lox ou Nova Scotia lox; semellante ao regular lox, mais curado nun mariñado suave. En Nova York existe o Nova Scotia.
  • Scottish lox; unga mistura de sal e azucre, especias e outros condimentos aplicados á carne ou peixe.
  • Scandinavian lox; peixe curado en sal (salgadura).
  • Gravad lox; coñecido tamén coma Gravad lax ou Gravlax, coñécese como a forma escandinava de preparar o salmón. Gravad lox non está afumado e mistúrase con especias, que inclúe aneto, azucres e sal.