Louis Pelâtre
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1940 (84 anos) Pancé, Francia |
Administrador apostólico | |
1999 – 16 de abril de 2016 | |
Vicar apostolic of Istanbul (en) | |
9 de xullo de 1992 – 16 de abril de 2016 ← Antuvan Marovitch (en) – Rubén Tierrablanca González → Diocese: Apostolic Vicariate of Istanbul (en) | |
Bispo titular | |
9 de xullo de 1992 – Diocese: Sasima (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1992–), sacerdote católico (1969–) |
Orde relixiosa | Congregação dos Agostinianos da Assunção (pt) |
Consagración | Sergio Sebastiani |
Louis Pelâtre, nado o 12 de maio de 1940 en Pancé (Ille e Vilaine, Francia), é un relixioso católico latino, vigairo apostólico de Istambul entre 1992 e 2016.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi ordenado sacerdote dos Agostiños da Asunción o 24 de maio de 1969. O papa Xoán Paulo II nomeouno vigairo apostólico de Istambul e bispo titular de Sasime o 9 de xullo de 1992, e recibiu a consagración episcopal o 13 de setembro de mans do cardeal Sergio Sebastiani, nuncio en Turquía; como co-consagrantes principais tivo a Hovhannes Cholakian, arcebispo armenio de Istambul, e a Antonios Varthalitis, arcebispo latino de Corfú, Zante e Cefalonia. Nun país predominantemente musulmán, foi responsable da pequena comunidade de rito latino, á súa vez unha parte minoritaria dos arredor de 15.000 católicos de Istambul; porén, a partir de 1999 foi tamén administrador apostólico do exarcado de Constantinopla de rito bizantino. Logo de presentar a súa renuncia por razóns de idade (75 anos), o papa Francisco aceptouna o 16 de abril de 2016 co nomeamento do seu sucesor.