Lou Costello
Lou Costello | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Louis Francis Cristillo |
Nacemento | 6 de marzo de 1906 |
Lugar de nacemento | Paterson |
Falecemento | 3 de marzo de 1959 |
Lugar de falecemento | Os Ánxeles |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Calvary Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | actor de cinema, produtor de cinema, actor de televisión, actor de teatro e especialista de cinema |
Cónxuxe | Anne Battler |
Premios | New Jersey Hall of Fame e star on Hollywood Walk of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Louis Francis Cristillo, nada Paterson (Nova Jersey) o 6 de marzo de 1906 e finado nos Ánxeles o 3 de marzo de 1959, foi un célebre humorista estadounidense coñecido como Lou Costello. Con Bud Abbott formou o popular dúo cómico Abbott e Costello na década de 1940.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Louis Francis Cristillo naceu o 6 de marzo de 1906, fillo de Helen Rege e Sebastiano Cristillo.[2] O seu pai era italiano, de Caserta[3] en Campania, e a súa nai era estadounidense de ascendencia francesa e irlandesa.[3]
Costello trasladouse a Hollywood a principios da década de 1930 e tras desempeñar diferentes oficios foi contratado pola compañía Metro Goldwyn Mayer para traballar como especialista,[4] chegando a ser o dobre de Tim McCoy.
Despois de traballar como dobre en sesenta filmes, Cristillo comezou a engordar polo que perdeu o empregou na Metro. Decidido a cambiar de rumbo, cambiou o seu nome polo de Lou Costello como homenaxe á actriz Helene Costello,[5] iniciando a súa carreira como cómico no Music Hall ata coñecer a Bud Abbott en 1936.[6] Con el formou o dúo cómico Abbott e Costello, unha das máis famosas parellas da comedia de Hollywood, onde intrepetaba un gordecho medorento e algo ridículo que non cesaba en ser utilizado pola súa contrafigura. Tiveron unha enorme popularidade nos Estados Unidos e en Latinoamérica. A peculiar parella deu lugar a contrapartidas como a dos dúo formado por Jerry Lewis e Dean Martin.
Trala súa separación de Abbott en 1957,[7] Costello iniciou unha carreira en solitario, demostrando aptitudes dramáticas, mais nesta nova faceta só puido rodar un filme xa que faleceu de súpeto o 3 de marzo de 1959 por unha crise cardíaca poucos días despois de finalizada a rodaxe.[2]
Anos despois, en 1967, William Hanna e Joseph Barbera produciron unha serie de animación baseada nas súas personaxes, ao estilo do que fixeran Laurel e Hardy.
Eponimia[editar | editar a fonte]
- O asteroide (17024) Costello leva este nome na súa memoria.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Bud Abbott; American Actor". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Lou Costello, 52, Dies on Coast. Comic Had Teamed With Abbott. 'Little Guy Trying to Be a Big Shot' in Films and on TV-Partners Broke Up in '57". The New York Times. 4 de marzo de 1959.
- ↑ 3,0 3,1 Costello, Chris and Raymond Strait. "Lou's On First". Nova York: St. Martin's Press.
- ↑ "Laurel & Hardy Films | Stills". laurelandhardyfilms.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2014.
- ↑ Smith, Jr., EW (2009). Athletes Once: 100 Famous People Who Were Once Notable Athletes. Cortero. ISBN 9781611790689.
- ↑ Furmanek, Bob and Ron Palumbo (1991). Abbott and Costello in Hollywood. New York: Perigee Books. ISBN 0-399-51605-0
- ↑ "Abbott, Costello Split. Comedy Team Breaks Up to Let Abbott Raise Horses". The New York Times. United Press International. 15 de xullo de 1957.
- ↑ Web de jpl. "(17024) Costello".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lou Costello ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados no condado de Passaic, Nova Jersey
- Nados en 1906
- Finados en 1959
- Actores de Nova Jersey
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Estadounidenses de ascendencia francesa
- Estadounidenses de ascendencia irlandesa
- Estadounidenses de ascendencia italiana