Los colonos
| Los colonos | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Lingua orixinal
| |||
|
Cor
| |||
| Autoría | |||
|
Director/a
| |||
|
Compositor/a
| |||
|
Editor/a de cine
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
| Dimensións | |||
|
Duración
| |||
| Localización | |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata C:Commons | |||
Los colonos é un filme de 2023 dirixido por Felipe Gálvez Haberle (no seu debut como director),[1] quen escribiu o guión xunto con Antonia Girardi e Mariano Llinás.[2][3] Está protagonizado por Mark Stanley, Camilo Arancibia, Benjamin Westfall, Alfredo Castro, Mishell Guaña, Sam Spruell, Marcelo Alonso e Adriana Stuven.[4] É unha coprodución entre Chile, a Arxentina, o Reino Unido, Taiwán, Francia, Dinamarca, Suecia e Alemaña.[5]
Los colonos estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 17 de maio de 2023. Competiu na categoría Un Certain Regard e Caméra d'Or, e conseguiu o Premio FIPRESCI, converténdose no primeiro filme chileno en conseguilo.[6] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 96ª edición dos premios,[7] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En 1893, Segundo, un mestizo chileno, MacLennan, un soldado británico, e Bill, un mercenario estadounidense, emprenden unha expedición a cabalo para delimitar e recuperar as terras que o estado concedeu a José Menéndez. O que parece ser unha expedición administrativa convértese nunha caza violenta contra os selk'nam, os nativos do arquipélago da Terra do Fogo.[8][9] O xenocidio selk'nam é o núcleo do filme.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Camilo Arancibia como Segundo
- Benjamin Westfall como Bill
- Mark Stanley como Alexander MacLennan
- Alfredo Castro como José Menéndez
- Mishell Guaña como Kiepja
- Sam Spruell como Coronel Martin
- Marcelo Alonso como Vicuña
- Adriana Stuven como Josefina Menéndez
- Mariano Llinás como Francisco Moreno
- Agustín Rittano como Capitán Ambrosio
- Emily Orueta como neta
- Luis Machín como Monseñor
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Los Colonos': ópera prima del chileno Felipe Gálvez se sitúa en las películas más esperadas de Cannes". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 2023-05-16. Consultado o 2023-07-18.
- ↑ "Los Colonos, de Felipe Gálvez, concursa en Cannes 2023 | EL PERFIL" (en castelán). 2023-05-25. Consultado o 2023-07-18.
- ↑ Grobar, Matt (23 de agosto de 2023). "Oscars: Chile Submits Cannes Prize Winner 'The Settlers' For Best International Feature". Deadline. Consultado o 14 de outubro de 2023.
- ↑ ""Los Colonos": película chilena sobre el genocidio Selk'nam será parte de la selección oficial del Festival de Cannes". El Mostrador (en castelán). 2023-04-13. Consultado o 2023-07-18.
- ↑ "Chile llega con una ópera prima, una coproducción y un coprotagónico al Festival de Cannes". infobae (en castelán). 14 de maio de 2023. Consultado o 2023-07-18.
- ↑ ""Los Colonos" se convierte en la primera película chilena en ganar el premio FIPRESCI en Cannes". Romántica (en castelán). Consultado o 2023-07-18.
- ↑ Valdivia, Gonzalo (2023-08-23). "Los Colonos representará a Chile en los Oscar y La Memoria Infinita irá por los Goya". La Tercera. Consultado o 2023-08-23.
- ↑ Balaga, Marta (2023-05-23). "Felipe Galvez Readies to Ruffle Some Feathers with 'The Settlers,' a Western about Chile's Bloody Colonial Past: 'I Love to Be Controversial'". Variety (en inglés). Consultado o 2023-07-18.
- ↑ "Felipe Gálvez on his Tierra del Fuego western The Settlers: "It's like shooting in hell"". BFI (en inglés). Consultado o 2023-07-18.