Dawson. Isla 10
| Dawson. Isla 10 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Cor
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Guionista
| |||||||||
|
Actores
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Custo
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Dawson. Isla 10 é un filme chileno de 2009 escrito e dirixido por Miguel Littín. O guión baséase en Isla 10, un libro por Sergio Bitar sobre as súas experiencias como prisioneiro político, e "Isla 10" era o alcume que lle puxeron os gardas durante o seu encarceramento. Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O Golpe de estado do 11 de setembro de 1973 en Chile provocou que Augusto Pinochet tomase o poder do país. O filme conta como os antigos membros do gabinete de Salvador Allende foron arrestados e encarcerados nunha prisión política, designada especialmente como campo de concentración na Illa Dawson, no arquipélago de Terra de Fogo. O campo fora empregado a comezos do século XX para encerrar ós selk'nam e outros pobos indíxenas, que foron trasladados da illa principal para evitar a súa interferencia nos grandes rabaños de ovellas que se estabeleceran alí. En 1973, centros de sospeitos comunistas e disidentes políticos foron encarcerados na Illa Dawson polo goberno de Pinochet. Baixo o estrito control da Mariña chilena, eses homes tentan sobrevivir ás temperaturas extremas e duras condicións de vida.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Benjamín Vicuña como Sergio Bitar
- Bertrand Duarte como Miguel Lawner
- Pablo Krögh como José Tohá
- Cristián de la Fuente como Tenente Labarca
- Sergio Hernández como Comandante Sallay
- Luis Dubó como Sarxento Figueroa
- Caco Monteiro como Fernando Flores
- Horacio Videla como Dr. Arturo Jiron
- Matías Vega como Osvaldo Puccio
- Andrés Skoknik como Orlando Letelier
- Elvis Fuentes como Clodomiro Almeyda
- Sergio Allard como Aristóteles España
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dawson. Isla 10 na IMDb (en inglés).