Bambino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBambino
Biografía
Nacemento(es) Miguel Vargas Jiménez Editar o valor em Wikidata
12 de febreiro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Utrera, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1999 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Utrera, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de larinxe Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBambino Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFlamenco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesPastora Imperio (sogra) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0051434 Musicbrainz: c9509cef-d941-4172-aaf4-1f538030e03e Songkick: 385751 Discogs: 41381 Editar o valor em Wikidata

Miguel Vargas Jiménez, coñecido artisticamente como Bambino, nado en Utrera, Sevilla o 14 de febreiro de 1940 e finado na mesma vila o 5 de maio de 1999, foi un célebre cantaor andaluz de flamenco. A día de hoxe, está considerado pola crítica como un dos mierandes intérpretes da denominada rumba flamenca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Vargas Torres "El Chamona" e de Francisca Jiménez Ramírez "La Frasquita", e sobriño do cantante de flamenco Manuel de Angustias. Malia que xa dende cativo sentiu afinidade polo cante, durante a súa mocidade estivo empregado noutras tarefas, como un traballo na barbaría de seu pai.

Debutou como artista profesional na Venda Real de Antequera (Sevilla), con 21 anos. Alí cantaba unha versión por rumbas de "Bambino Piccolino", canción italiana popularizada por Renato Carosone e que deu a Miguel Vargas Jiménez o seu nome artístico. Dedicouse ao pouco á interpretación de bulerías, rumbas, coplas e boleros, dentro dun estilo persoal de flamenco ao que dotou dunha forza e un temperamento que pronto lle reportaron sona. Foi a súa unha longa carreira con actuacións en teatros, tablaos e xiras por toda a península, amais dunha enorme discografía que consta de máis de 170 discos[1].

Miguel Vargas viviu os seus últimos anos en Utrera, apartado da música por un tumor na gorxa, do que morreu en maio de 1999. O 5 de setembro de 2005 ergueuse en Utrera, lugar de nacemento e morte de Bambino, un monumento na súa honra.

Discografía[editar | editar a fonte]

* ¡Los Canasteros! (1964)
* Quiero (1967)
* La última noche (1967)
* Bambino (1969)
* Recordándote (1970)
* Bambino y su combo flamenco (1971)
* La noche y tú (1973)
* Ódiame (1973)
* Algo de mí (1973)
* Mi gitana, gitana (1975)
* Y no te enteras (1976)
* Te tengo que queré (1977)
* No vemos mañana (1978)
* Tan cerca de ti (1980)
* Yo soy yo, Bambino (1982)
* Soy lo prohibido (1985)
* Resucité (1996)
  • Amais destes títulos, tras a morte de Bambino foron editados diversos elepés e discos recompilatorios do artista.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Vídeos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]