Houston Dynamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Houston Dynamo
NomeHouston Dynamo
Alcume(s)Orange Crush, Dinamo de Houston
Fundación15 de decembro de 2005 (12 anos)
EstadioBBVA Compass Stadium
Houston, Texas
Estados Unidos
Inauguración12 de maio de 2012
Capacidade22,039
PropietarioFlag of Mexico.svg Gabriel Brener
Flag of the United States.svg Oscar de la Hoya
Flag of the United States.svg Ben Guill
Flag of the United States.svg Jake Silverstein
PresidenteFlag of the United States.svg Chris Canetti
AdestradorFlag of Colombia.svg Wilmer Cabrera
LigaMajor League Soccer
2016Oeste: 10º
Global: 19º
VestimentaAdidas
PatrocinadorBHP Billiton
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Houston Dynamo é un club de fútbol profesional de Houston, no estado de Texas. O equipo foi fundado no ano 2005, xoga na Conferencia Oeste da Major League Soccer. Nas súas dúas primeiras tempadas o club gañou dous MLS Cup consecutivas. Debido a súa localización, xogou nas conferencias Leste, Oeste e na Central en tan só nove anos de historia.[1].

O nome de Dynamo proven do notable número de industrias enerxéticas na cidade de Houston. Entre os xogadores máis destacados que vestiron a elástica laranxa cabe destacar a Brad Davis e a Brian Ching.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O partido inaugural foi o dous de abril de 2006, fronte o Colorado Rapids, no que o conxunto de Houston venceu por cinco goles a dous, con catro goles de Brian Ching que ó mes foi seleccionado para disputar a Copa Mundial da FIFA 2006 coa selección de fútbol dos Estados Unidos. Na súa primeira tempada o Dynamo chegou a final da MLS Cup vencendo nos penaltis, tras o 1-1 no tempo regulamentario, contra o New England Revolution.[3] A tempada seguinte sumou a súa primeira participación na Liga de Campións da CONCACAF onde alcanzou as semifinais. Ese mesmo ano logrou o seu segundo título da MLS Cup consecutivo, gañando por dous goles a cero fronte ó Kansas City Wizards[4].

No ano 2008 acadou a súa primeira final internacional, a SuperLiga Championship Game, pero perdeuna nos penaltis tras empatar a dous goles fronte o New England Revolution[5]. Nos playoffs da MLS caeron nas semifinais de conferencia, polo que non poideron revalidar o título. Ao ano seguinte ós Orange Crush non conseguiron bater ó Los Angeles Galaxy na final da conferencia Oeste [6]. No ano 2010 o equipo sufriu a marcha do seu presidente, nunha tempada en que o equipo acabou no seu peor posto ata ese momento, a sétima posición, que lles deixaba fora dos playoffs por primeira vez na súa historia [7].

Tras unha mala tempada, o equipo rexurdiu e logrou un posto para a final da MLS Cup pero non conseguiu vencer ó Los Angeles Galaxy perdendo por un axustadísimo un a cero [8]. O ano 2012 foi o primeiro no que o equipo texano exercía a localía no BBVA Compass Stadium, o partido inaugural (Houston Dynamo vs DC United) rematou con vitoria laranxa por un gol a cero, cun auténtico golazo dende fora da área de Brad Davis. O estadio cambiou pero os resultados foron os mesmos, chegaron á final pero perdérona, de novo, contra Los Angeles Galaxy[9]. Na seguinte tempada seguiu a racha de chegar as rondas finais do playoff, ese ano os texanos foron eliminados na final de conferencia.

Tras unha serie de boas tempadas na MLS, non chegaron nin a clasificarse para os playoffs, quedando na oitava posición na conferencia Leste, o peor resultado da súa historia. O ano seguinte volveu a ser unha mala tempada, volveu quedar sétimo pero esta vez na conferencia Oeste.

Xogadores [10][11][editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR Flag of the United States.svg Tyler Deric
2 DEF Flag of the United States.svg Kofi Sarkodie
3 MED Flag of the United States.svg Rob Lovejoy
3 DEF Flag of Jamaica.svg Taylor Jermaine
5 DEF Cataluña Raúl Rodríguez
5 MED Flag of the United States.svg Sturgis Nathan
7 DEF Flag of the United States.svg DaMarcus Beasley
8 DEL Flag of Honduras.svg Garrido Luis
9 DEL Flag of Mexico.svg Erick Torres
10 DEL Inglaterra Giles Barnes
11 MED Flag of the United States.svg Brad Davis
12 DEL Flag of the United States.svg Will Bruin
13 MED Flag of the United States.svg Ricardo Clark
14 MED Flag of Brazil.svg Alex
Posto País Xogador
15 MED Flag of Honduras.svg Lopez Alexander
16 DEF Flag of the United States.svg Cochran Alec John
18 DEF Flag of the United States.svg David Horst
19 DEL Flag of Colombia.svg Mauro Manotas
20 MED Flag of Nigeria.svg Rasheed Olabiyi
21 MED Flag of the United States.svg Zach Steinberger
22 DEF Flag of the United States.svg Sheanon Williams
23 DEF Flag of the United States.svg Taylor Hunter
27 MED Flag of Honduras.svg Boniek García
28 MED Flag of the United States.svg Memo Rodriguez
30 POR Flag of the United States.svg Lisch Michael
31 POR Flag of the United States.svg Joe Willis
41 MED Flag of Argentina.svg Leonel Miranda

Títulos [1][editar | editar a fonte]

Récords[12][editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]