Bruce Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bruce Arena
Información persoal
Nome Bruce Arena
Nacemento 21 de setembro de 1951 (72 anos)
Lugar de nacemento Brooklyn
Altura 1,83 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Los Angeles Galaxy (adestrador)
Carreira xuvenil
1968 Hota
1969–1971 Nassau Lions
1971–1973 Cornell Big Red
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1976 Tacoma Tides
Selección nacional
1973 Estados Unidos 1 ((0))
Adestrador
1973 Universidade Cornell (asistente)
1976 Universidade de Puget Sound
1978–1996 Universidade de Virxinia
1995–1996 Estados Unidos Sub-23
1996–1998 D.C. United
1998–2006 Estados Unidos
2006–2007 New York Red Bulls
2008– Los Angeles Galaxy
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Bruce Arena é un adestrador de fútbol estadounidense e ex xogador de fútbol nado en Brooklyn, Nova York. Está considerado como un dos mellores adestradores de Norte América. Actualmente adestra a Los Angeles Galaxy[1] da Major League Soccer.

Carreira como xogador[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no instituto como defensa antes de ser porteiro. Mentres aínda cursaba no instituto chegou a xogar unha tempada co Hota S.C. da liga de fútbol da cidade de Nova York. Despois da súa graduación, xogou dos anos no equipo da universidade de Nassau. Tras isos dous anos foi tranferido ó equipo da Universidade Cornell.

Profesional[editar | editar a fonte]

Tras rematar a universidade, Arena foi seleccionado no draft da Liga de fútbol de Norte América polo New York Cosmos, pero pronto rescidiron o seu contrato. Pero foi fichado polo Tacoma Tides, sendo o segundo porteiro do equipo, á vez que xogaba para os Tides tamén adestraba ó equipo da Universidade de Puget Sound.

Internacional[editar | editar a fonte]

Bruce foi seleccionado coa selección dos Estados Unidos nun amigable contra Israel, entrando na segunda parte, o partido rematou con vitoria israelí por dous goles a cero. Tamén foi seleccionado para un partido contra Haití pero non contou con minutos.

Carreira como adestrador[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

En 1978, comezou a súa carreira como adestrador, no equipo de fútbol da Universidade de Virxinia onde permaneceu durante dezaoito anos, gañando 5 campionatos.

D.C. United[editar | editar a fonte]

No ano 1996, deixou o equipo da Universidade de Virxinia e a Estados Unidos Sub-23 para adestrar o D.C. United na primeira tempada da historia da MLS. E no primeiro ano consegiu a primeira Copa MLS e o primeiro U.S. Open Cup da historia. Ó ano seguinte volveu gañar a Copa MLS co D.C. United e foi nomeado como o mellor adestrador da tempada. No ano 1998, Bruce consegiu levar ós Black-and-red á final da Liga de Campións da CONCACAF e ademais gañala.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Tomou o control da selección no ano 1998. O seu primeiro partido foi fronte Australia. O seu primeiro torneo foi a Copa Mundial de Fútbol de 1998.

No seu segundo mundial, Arena logrou a mellor clasificación da selección dos Estados Unidos perdendo nos cuartos de final fronte Alemaña, 1-0, con gol de Michael Ballack.

No mundial de 2006 en Alemaña, os Estados Unidos realizaron un pobre papel sendo eliminados na fase de grupos. Con tácticas moi cuestionábeis por parte de Arena. Tras este mundial a federación de fútbol dos Estados Unidos decidiu non prorrogarlle o contrato.

Bruce Arena é o técnico con máis vitorias internacionais coa selección dos Estados Unidos, e logrou o posto máis elevado na clasificación mundial da FIFA (4ª posición) da historia dos Estados Unidos.[2]

New York Red Bulls[editar | editar a fonte]

Tras o seu paso pola selección dos Estados Unidos, o adestrador de Brooklyn asinou co conxunto New York Red Bulls. O seu primeiro partido foi un amigable fronte o F.C. Barcelona. Tras estes dous anos, as dúas partes decidiron, de mutuo acordo, romper o acordo que os unía.

Los Angeles Galaxy[editar | editar a fonte]

No ano 2008, Arena fichou polo conxunto anxelino. Los Angeles Galaxy viñan dunha moi mala racha na última tempada. Pero coa chegada do novo adestrador lograron ser o segundo mellor equipo de toda a MLS. No ano 2011, consegiu levar o seu equipo a gañar a MLS Supporters' Shield e a Copa MLS. ó ano seguinte volveu revalidar o seu último título.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Dende Ata Récord
X G P E
D.C. United 1996 1998 98 60 34 4
Estados Unidos 1998 2006 130 75 28 27
New York Red Bulls 2006 2008 48 18 19 11
Los Angeles Galaxy 2008 Presente 174 89 47 38
Total 450 242 128 80

Títulos[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

D.C. United
Los Angeles Galaxy

Internacionais[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]