Saltar ao contido

Lois Ladra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLois Ladra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1972 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid
Universidade Nacional de Educación a Distancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónMuseo do Pobo Galego (2024–), antropólogo, arqueólogo, historiador Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1635098 AELG: 596 BUSC: 981013402259507712 Dialnet: 159932

Xosé Lois Ladra Fernández, nado na Coruña o 28 de xullo de 1972, é un antropólogo e arqueólogo galego. Investigador e divulgador en materia de Patrimonio Cultural, dirixiu varios proxectos no ámbito da Antropoloxía Cultural e do Patrimonio Etnolóxico galaico-portugués.[1][2] Dirixiu o Museo do Pobo Galego até a súa dimisión en 2025.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Prehistoria e Etnoloxía na Universidade Complutense de Madrid; tamén ten unha licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED.[3] No ano 2000, obtivo unha bolsa da Fundación Barrié, para realizar un Mestrado en Arqueoloxía na Universidade do Porto, Portugal.[4] Ampliou a su formación académica licenciándose en Antropoloxía Social, ademais de obter o Diploma de Estudos Avanzados e a Suficiencia Investigadora e realizou cursos de doutoramento na USC. Conta con varios libros publicados en galego, castelán e portugués. Tamén ten artigos en publicacións periódicas galegas, españolas e portuguesas, así como capítulos de libros, comunicacións en congresos, colaboracións xornalísticas e conferencias.[5]

É membro de varias asociacións: o Museo do Pobo Galego, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, a Asociación Galega de Antropoloxía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación de Amigos dos Cruceiros de Galicia. Tamén da Rede Ibérica Ocidental para uma Nova Ordenação Raiana - Plataforma RIONOR.

En maio de 2024 foi nomeado director do Museo do Pobo Galego.[6] En novembro de 2025 dimitiu como director por "falta de condicións, circunstancias e recursos necesarios" para poder implementar e desenvolver o proxecto co que asumiu a dirección do museo.[7]

Obras e monografías

[editar | editar a fonte]
  • Barcas e barcos dos ríos galaicos. O patrimonio fluvial naval (2024), Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego. ISBN 978-84-88508-81-2.
  • Religiosidade popular e mitos fundacionais no Douro Transmontano (2021), Vila Real, Câmara Municipal. DL 490422/21.
  • Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico (2020), A Coruña, Amigos dos Museos de Galiza. ISBN 978-84-09-21399-3.[8]
  • Arqueologia da Indústria Moageira em Castelo Branco Moinhos hidráulicos no rio Ocreza (2018), Carviçais, Lema d`Origem. ISBN 978-989-98329-1-6.[9]
  • Tecnologia tradicional do sumagre no Douro Superior. Etnobotânica, História, Cultura e Património, (2013), Vila Nova de Foz Côa, Fundação Côa Parque, Coleção Cadernos do Côa, nº 7. ISBN 978-989-98329-1-6.[10]
  • A cultura da amêndoa no Douro Superior. História, Tradição e Património, (2013), Peso da Régua, Museu do Douro e Associação de Desenvolvimento do Douro Superior. ISBN 978-972-780-416-0.[11]
  • Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia, (2008). Tomo I: Estudios críticos (en colaboración con Alfredo Vigo Trasancos). A Coruña, Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 978-849-589-263-8.[12]
  • A pesca tradicional nos ríos de Galiza. Caneiros, pescos e pesqueiras, (2008). Santiago de Compostela, Ed. Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-552-9.[13]
  • Arte relixiosa popular na Terra de Valga: cruceiros, cruces e petos de ánimas (2002). A Coruña, Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. Serie “Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia”. ISBN 978-84-9752-004-1.[14]
  • 2020 Premio “Pedra do Destino”.[15] Concedido pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, en recoñecemento ao traballo de divulgación científica a prol do patrimonio cultural.
  • 2019 XII Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”.[16] Accésit concedido ao traballo titulado “Achega ao patrimonio fluvial construído no rio Sarela”.
  • 2018 VII Premio de Investigación “Fermín Bouza Brey”,[17] concedido ao proxecto de investigación “Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial artesanal e do patrimonio fluvial no río Tea”.
  • 2011 X Premio “Raigame – Xaquín Lorenzo,[18] concedido ex-aequo.
  • 2008 XIII Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais,[3] concedido ao traballo de investigación “A pesca fluvial tradicional en Galiza. Caneiros, pescos e pesqueiras”.
  • 2006 IX Premio “Cátedra – Pontedeume”,[19] concedido ao traballo de investigación desenvolvido sobre “As telleiras tradicionais: o exemplo aresán”.
  • 2001 VI Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Muíños hidráulicos do Concello de Valga”.
  • 2000 V Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Arquitecturas populares. Os pombais”.
  • 1999 IV Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Arte relixiosa popular. Cruceiros e petos de ánimas”.
  1. ↑ "Presentación do novo director do Museo, Lois Ladra". museodopobo.gal. Consultado o 2025-08-19.
  2. ↑ "Ladra, Lois. «O autor na Axenda Cultural da AELG»".
  3. 1 2 Redacción (8 de marzo de 2008). "Acta do xurado do XIII Premio “Vicente Risco” en ciencias sociais". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 14 de maio de 2024.
  4. ↑ "Lois Ladra, becario máster 2000, Premio Pedra do Destino 2020 y autor del libro Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico". Consultado o 23/07/2020.
  5. ↑ "Ladra, Lois. «Repositorio Dialnet sobre o autor».". Consultado o Publicaciones entre 1997 - 2023.
  6. ↑ Gallego, El Correo (2024-05-25). "O antropólogo e arqueólogo Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego". El Correo Gallego. Consultado o 2024-05-25.
  7. ↑ "Dimite Lois Ladra, director do Museo do Pobo Galego". Nòs Diario. 2025-11-06. Consultado o 2025-11-06.
  8. ↑ Ladra, Lois (2020). Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico. Amigos dos Museos de Galiza. ISBN 978-84-09-21399-3.
  9. ↑ Ladra, Lois (2018). Arqueologia da Indústria Moageira em Castelo Branco Moinhos hidráulicos no rio Ocreza. Lema d`Origem. ISBN 978-989-98329-1-6.
  10. ↑ Ladra, Lois (2013). Tecnologia tradicional do sumagre no Douro Superior. Etnobotânica, História, Cultura e Património. Fundação Côa Parque, Coleção Cadernos do Côa, n.o 7. ISBN 978-989-98329-1-6.
  11. ↑ Ladra, Lois (2013). A cultura da amêndoa no Douro Superior. História, Tradição e Património. Museu do Douro e Associação de Desenvolvimento do Douro Superior. ISBN 978-972-780-416-0.
  12. ↑ Ladra, Lois (2008). Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia. Tomo I: Estudios críticos (en colaboración con Alfredo Vigo Trasancos). Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 978-849-589-263-8.
  13. ↑ Ladra, Lois (2008). A pesca tradicional nos ríos de Galiza. Caneiros, pescos e pesqueiras. Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-552-9.
  14. ↑ Ladra, Lois (2002). Arte relixiosa popular na Terra de Valga: cruceiros, cruces e petos de ánimas. Serie “Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia”. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 978-84-9752-004-1.
  15. ↑ "PREMIO PEDRA DO DESTINO 2020 AO ARQUEÓLOGO LOIS LADRA". amigosmuseosgalicia.org. Consultado o 14 de maio de 2024.
  16. ↑ Concello da Capela. "XII Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”". museoacapela.gal. Consultado o 14 de maio de 2024.
  17. ↑ Concello de Ponteareas. "O xurado concede o VII premio Fermín Bouza Brey a Lois Ladra". ponteareas.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2024. Consultado o 14 de maio de 2024.
  18. ↑ Concello de Celanova (12 de setembro de 2011). "CONCURSOS DA “X ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME 2011”. VILANOVA DOS INFANTES" (PDF). raigame.gal. Consultado o 14 de maio de 2024.
  19. ↑ "Premio por bucear en el pasado". lavozdegalicia.es (en castelán). 2 de outubro de 2006. Consultado o 14 de maio de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]