Lobo árabe
Lobo árabe | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Crítico | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||||||||
Canis lupus arabs | |||||||||||||||||||||||||
Distribución Canis lupus arabs (en azul)
|
O lobo árabe (Canis lupus arabs) é unha subespecie do lobo. Anteriormente, a súa área de distribución comprendía parte significativa da Península arábica. Actualmente o seu hábitat vese reducido a pequenas rexións de Israel, Omán, Iemen, Xordania e Arabia Saudita
Características
[editar | editar a fonte]É menor que os seus parentes euroasiático e americano. Posúe un cabelo de dimensións máis reducidas, cunha coloración cincenta. Non convive en mandas grande, cazando normalmente en parella ou en grupos de tres ou catro animais. Os seus ollos son marelos, aínda que algúns exemplares poden ter os ollos pardos, unha indicación de que os seus antepasados poden terse cruzado con cans salvaxes. Este último detalle poderá ser un factor de ameaza para a supervivencia da subespecie.
Estes lobos atacan e aliméntanse de calquera animal doméstico con tamaño até ao dunha cabra. Como resultado, os criadores de gando non deixan de tentar matalos con velenos ou trampas.
Aliméntanse de lebres, roedores, ungulados e carne putrefacta que atopan.
En Omán, a poboación lupina aumentou de maneira significativa dende que a caza foi prohibida, existindo a posibilidade forte de que se poidan restabelecer naturalmente nesta rexión. En Israel existen entre 100 e 150 individuos, na rexión do Negev e Ha'arava.