Lobby Europeo de Mulleres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lobby Europeo de Mulleres
AcrónimoEWL e LEF
Tipoorganización paraugas
SedeBruxelas
PaísBélxica
Na rede
https://www.womenlobby.org
editar datos en Wikidata ]

O Lobby Europeo de Mulleres (LEM, EWL nas súas siglas en inglés European Women's Lobby) é unha ONG que traballa para promover os dereitos das mulleres e a igualdade entre mulleres e homes, que foi fundada en 1990. É a meirande organización de coordinación das asociacións de mulleres da Unión Europea (UE). En novembro de 2009, a membresía do LEM estendeuse ás organizacións dos 27 estados membros da UE e dos tres países candidatos, así como ós 21 organismos de eido europeo, o que representa un total de máis de 2.500 organizacións.

Cunha Secretaría con base en Bruxelas (Bélxica), o LEM é unha das meirandes ONGs a nivel europeo, e traballa estreitamente con institucións europeas e organizacións da sociedade civil. A nivel internacional, o LEM ten status consultivo no Consello de Europa e no Consello Económico e Social das Nacións Unidas, e participa regularmente nas actividades da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller das Nacións Unidas (CSW).

A misión do LEM é traballar pola promoción e o respecto dos dereitos humanos das mulleres, apoiando a diversidade entre as mulleres e a igualdade entre mulleres e homes, e alertando de posibles retrocesos en dereitos.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]