Lluis Xabel Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLluis Xabel Álvarez
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Sama, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , filósofo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua asturiana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmelia Valcárcel

Lluis Xabel Álvarez García, alcumado Texuca, nado en Sama (Langreu) en 1948, é un filósofo, escritor e profesor asturiano da Universidade de Oviedo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos nas universidades de Valencia e Oviedo. Incorporouse ao Departamento de Filosofía en 1972, adicándose en especial a dar clases de Filosofía, Linguaxe, Estética e Filosofía da Arte. En 1977 colaborou na creación da Sociedade Asturiana de Filosofía e foi un dos fundadores do Conceyu Bable en 1974. Desde 2012 é catedrático de Estética e Filosofía da Arte[1].

Dentro da súa obra como escritor ten un libro de poemas en asturiano: Poemes y tornes (1990), ademais do ensaio Diálogu de Pumarín y otros trabayos de razón local (1999).

É membro da Academia da Lingua Asturiana dende a súa constitución en 1981.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]