Liudmila Kupriánova
Nome orixinal | Liudmila Alekséevna Kupriánova |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1914 San Petersburgo, (Imperio ruso) |
Morte | 13 de xaneiro de 1987 Leningrado (Unión Soviética) |
Causa da morte | Infarto agudo de miocardio |
Residencia | Rusia |
País de nacionalidade | rusa |
Formación profesional | Doutora en Bioloxía |
Educación | Universidade Herzen |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, systematic botany (en) , Palinoloxía e Paleobotánica |
Lugar de traballo | Unión Soviética |
Ocupación | naturalista |
Empregador | Instituto Botánico Komarov (San Petersburgo) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Kuprian. |
Familia | |
Cónxuxe | Yevgeni Bobrov |
Liudmila Alekséevna Kupriánova (en ruso Людмила Андреевна Куприянова), nada en 1914 en San Petersburgo (Imperio ruso) e finada o 13 de xaneiro de 1987 na mesma cidade (chamada daquela Leningrado), foi unha botánica e palinóloga soviética.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira científica transcorreu durante máis de cincuenta anos, a maior parte deles no Instituto Botánico Komarov en San Petersburgo, no que durante moitos anos foi a directora do grupo de palinoloxía. É recoñecida pola documentación de coleccións de paleopalinoloxía e actuopalinolocía, así como da palinoteca do Instituto, que na actualidade inclúe 21 000 exemplares de palinomorfos.
A doutora Kupriánova publicou máis de 200 traballos de botánica sistemática, historia da flora e palinomorfoloxía.
As súas máis temperás achegas foron dos xéneros Leonorus, Linaria, Lotus, Panzeria, entre outros, para a Flora de Rusia. O seu primeiro artigo palinolóxico foi sobre as rosáceas. Contra 1948 xa publicara unha obra senlleira "Pollen morphology & phylogeny of Monocotyledons". Sobre a palinoloxía das amentíferas foi a súa tese de doutoramento. Pioneira na utilización de microscopía de alta resolución, nas súas versións TEM e SEM: Allium, Chloranthus, Cousinia, Liquidambar, Nelumbo e Nymphaea.
A súa experiencia valelle ser convocada por diversas revistas científicas para formar parte do comité editorial, por exemplo, Pollen et Spores (Francia), Review of Palaeobotany & Palynology (Países Baixos) e World Pollen & Spores (Suecia).
Morreu o 13 de xaneiro de 1987 a causa dun ataque ao corazón.
Honores
[editar | editar a fonte]- Alexander Alfonsovich Grossheim dedicoulle a especie Secale kuprijanovii.
- Sergei Arsenjevic Nevski dedicolle a subespecie transcaucasica dunha gramínea en perigo de extinción.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Kuprian. emprégase para recoñecer a Liudmila Kupriánova como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Liudmila Kupriánova |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Valentjna Fedorovna Tarasevich (1988): LUDMILA ANDREEVNA KUPRIANOVA. 1914-1987 en Palynos 11 (1): 5.