Lista de ataques violentos en Europa 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Esta é unha lista sobre os ataques violentos (tiroteos, atropelos masivos...) en Europa durante o 2018. Os autores destes ataques non se corresponden con organizacións terroristas internacionais.

Tipo de ataque[editar | editar a fonte]

Clase de ataque Número de ataques Mortos Feridos
Ataque con coitelo 10 10 33
Tiroteo 3 4 6
Atropelo masivo 1 3 20

Autores dos ataques[editar | editar a fonte]

Número de ataques cometidos por un home cometidos por unha muller Nacional Estranxeiro Solicitante de asilo Refuxiado
14 11 2 24 3 1 1
Idade dos atacantes
<18 19-63 >64
8 9 0
Motivo do ataque Orixinario Estranxeiro
Descoñecido 1 3
Problemas mentais 2 1
Motivación racial 1 0
Antisemita 1 0
Xenofobo 2 0

Ataques por mes[editar | editar a fonte]

Xaneiro[editar | editar a fonte]

3 de xaneiro

  •  Irlanda: Unha serie de ataques con coitelos en Dundalk, deixa 1 morto e 2 feridos. O autor é un home de 18 anos, concretamente un solicitante de asilo exipcio. A policía detivoo.[1]

Febreiro[editar | editar a fonte]

4 de febreiro

  •  Italia: Un tiroteo contra inmigrantes africanos en Macerata, deixa 6 feridos. Este tiroteo produciuse por unha cuestión racial. O autor é un home de 28 anos que responde ao nome de Luca Traini, xa foi detido. Despois, se averigou que o perpetrador do tiroteo militaba no partido da Liga Norte.[2]

6 de febreiro

  •  Polonia: Unha serie de ataques, tanto verbais coma físicos contra inmigrantes en diferentes lugares de Polonia, deixa o seguinte balance: na cidade de Łódź foron atacados un portugués, tres alemáns e un indio. No mes de xaneiro deste ano en Breslau déronlle unha malleira a un indio. En Varsovia, un home atacou verbalmente ao grito de 'Polonia para os polacos' a unha muller turca. Na cidade de Breslau encontrase o grupo neonazi Renacemento Nacional Polaco.[3]

23 de febreiro

  •   Suíza: Un tiroteo en Zürich, deixa 2 mortos. Non se trata dun ataque terrorista. Descoñecese o motivo do ataque.[4]

Marzo[editar | editar a fonte]

7 de marzo

  •  Austria: Unha serie de dous ataques con armas brancas en Viena, deixa un total de 4 feridos graves. O autor fuxiu do lugar. Máis tarde, a policía detivo a un sospeitoso, un home de 23 anos que provén de Afganistán.[5][6]

Abril[editar | editar a fonte]

7 de abril

  •  Alemaña: Un atropelo masivo na cidade de Münster deixa 3 mortos, incluído o autor do ataque e 20 feridos, seis deles de gravidade. O autor é un home de 48 anos que corresponde ao nome de Jens R., un cidadán alemán que tiña problemas psiquiátricos, de conduta agresiva e que quería suicidarse.[7][8]

Maio[editar | editar a fonte]

19 de maio

  •  Alemaña: Un tiroteo na cidade de Saarbruecken, deixa 2 mortos e varios feridos. O autor, xa detido, disparou de maneira indiscriminada no barrio de Brebach-Fechingen.[9]

30 de maio

  •  Alemaña: Un ataque con coitelo nun tren en Flensburg, deixa 1 morto e 2 feridos. O morto é o autor do ataque, que foi abatido pola policía. Era un refuxiado de Eritrea de 24 anos que vivía en Alemaña. Non hai conexión co terrorismo xihadista.[10][11]

Xuño[editar | editar a fonte]

2 de xuño

  •  Italia: Un tiroteo en San Calogero deixa 1 persoa morta. A vítima mortal é un home de 29 anos de Malí que responde ao nome de Soumaila Sacko, un activista pertencente ao USB. No momento do tiroteo a vítima non estaba armada debido a que se encontraba axudando a uns compatriotas a construír unha casa con pezas de chapa. A policía detivo a un sospeitoso, un agricultor italiano que responde ao nome de Antonio Pontoriero. Este ataque súmase a unha longa serie de carácter xenofobo.[12]

17 de xuño

  •  Francia: Un ataque con coitelo nun supermercado en Toulon, deixa 2 feridos. O perpetrador do ataque é unha muller e xa foi detida. Algúns testigos afirman que gritou: Alá é grande. A policía di que ten nacionalidade francesa e naceu en 1994, fichada por comportamento violento e sofre dun transtorno mental.[13]

24 de xuño

  •  Ucraína: Un ataque contra un campamento de romaneses nas aforas de Lviv deixa 1 morto e 4 feridos. Os autores do ataque son sete persoas, con idades comprendidas entre 16 e 17 anos, ademais dun de 20 que foi acusado de planificar o ataque, están detidos. Este ataque súmase a unha serie deles contra minorías étnicas de Ucraína.[14]

Xullo[editar | editar a fonte]

Comezos de xullo

  •  Italia: Un tiroteo cunha pistola de aire dende un coche preto da cidade de Forli fere a un home de Costa do Marfil, Hugues Messou de 34 anos cando se dirixia cara a súa casa na bicicleta. Os autores do ataque, dúas persoas italianas, fuxiron no vehículo, ademais de facer comentarios racistas contra a vítima. A policía está investigando o caso.[15]
  •  Italia: Un tiroteo deixa unha muller de Nixeria ferida en Forli. Non denunciou o suceso.[15]

20 de xullo

  •  Alemaña: Un ataque con coitelo nun autobús urbano na cidade de Lübeck, deixa 10 feridos e o autor detido pola policía. O perpetrador é un home de 34 anos, de nacionalidade alemá pero de orixe iraniano.[16]

31 de xullo

  •  Italia: Un ataque xenofobo en Aprilia, deixa un cidadán de nacionalidade marroquí morto, confundido cun ladrón, por unha persecución en coche, o que lle produxo un accidente e despois os atacantes propinaronlle unha malleira. Os autores do ataque son tres homes italianos. Xa foron detidos. Pero a versión que manteñen os atacantes non coincide coas probas recollidas e os vídeos das cámaras de seguridade.[17]

Agosto[editar | editar a fonte]

18 de agosto

22 de agosto

  •  Bélxica: Un ataque con coitelo en Moresnet-Chapelle, no concello de Plombières, preto de Liexa, deixa 3 mortos, o autor incluído e 1 ferido grave. O motivo do ataque foi unha disputa familiar. O autor do ataque era un exmozo dunha das víctimas, que pertencían a mesma familia.[19][20]

23 de agosto

  •  Francia: Un ataque con coitelo deixa tres mortos, incluído o atacante e 1 ferido grave, na localidade de Trappes. O ataque foi reivindicado polo grupo terrorista Estado Islámico, pero as autoridades decántanse por unha disputa familiar, xa que dúas das víctimas son a nai e a irmá do atacante. O atacante naceu en 1982.[21]

27 de agosto

  •  Alemaña: Un ataque de motivación antisemita contra un restaurante xudeu en Chemnitz, deixa 1 ferido e danos materiais. Un total de 12 persoas atacaron o restaurante con pedras e botellas. O dono xa denunciou o ataque e a policía abriu unha investigación.[22]

30 de agosto

  •  Alemaña: Dous ataques contra inmigrantes en diferentes zonas de Alemaña deixa en total 2 feridos. O primeiro ataque ocorreu en Wismar, onde un sirio de 20 anos foi ferido de gravidade por unha cadea de ferro e apaleado. O segundo ataque ocorreu en Sondershausen, onde un eritreo de 33 anos foi ferido de gravidade por golpes e patadas na cabeza durante unha pelexa, na cal participaron diferentes persoas. Os autores dos ataques están fuxidos.[23]

Setembro[editar | editar a fonte]

1 de setembro

  •  Italia: Un ataque con coitelo na cidade de Canneto sull'Oglio deixa 1 morto e 3 feridos. O perpetrador do ataque é unha muller de 58 anos e orixinaria de Polonia, que sufriu unha descomposición emocional.[24]

9 de setembro

  •  Francia: Un ataque con coitelo no nordeste de París, deixa 7 feridos, algúns deles de gravidade. O autor xa foi detido pola policía. Segundo, a policía non hai motivación terrorista. O perpetrador é de orixe afgán.[25]

10 de setembro

  •  Italia: Un ataque xenofobo en Sassari deixa un 1 ferido. A vítima do ataque é un xoven de 22 anos de Guinea, que chegou a localidade como refuxiado, agora é estudiante, foi atacado por un grupo de cinco rapaces, menores de idade. Primeiro atacarono con insultos racistas e xenofobos e despois golpearono deixándoo ferido de gravidade. A malleira provocoulle o desprazamento do tabique nasal. Os atacantes ao acabar de darlle a malleira fuxiron con insultos outra vez xenofobos.[26]

11 de setembro

  •  Polonia: Unhas persoas destrúen un estandarte LGBT en Szczecin. Os agresores non foron detidos e poden pertencer ao grupo neonazi ONR.[27]

17 de setembro

  •  Bélxica: Un ataque con coitelo en Bruxelas deixa, 2 feridos, un policía e o agresor. Un segundo policía disparou e feriu ao atacante por negarse a soltar o coitelo e atacar ao seu compañeiro.[28]

29 de setembro

  •  Alemaña: Un ataque con coitelo na cidade de Ravensburg deixa, 3 persoas feridas, unha delas de gravidade. O agresor xa foi detido pola policía. Máis tarde a policía identificao como un solicitante de asilo procedente de Afganistán e de 19 anos de idade. Aínda se descoñece o motivo do ataque.[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. EUROPA PRESS (3 de xaneiro de 2018). "Un muerto por un ataque con cuchillo en la ciudad irlandesa de Dundalk". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2018. 
  2. Valentina T. Sánchez (4 de febreiro de 2018). "Gobierno italiano: tiroteo en Macerata fue motivado por una "evidente cuestión racial"". m.france24.com (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  3. CARMELA NEGRETE (6 de febreiro de 2018). "La Iglesia católica polaca se divide ante el aumento de los ataques contra refugiados". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  4. EUROPA PRESS (23 de febreiro). "Dos muertos por un tiroteo en el centro de Zúrich". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  5. REDACCIÓN e AGENCIAS (7 de marzo de 2018). "Tres heridos en un ataque con cuchillo en Viena". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2018. 
  6. Sputnik (8 de marzo de 2018). "El sospechoso de un ataque con navaja en Viena procede de Afganistán". mundo.sputniknews.com (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2018. 
  7. Redacción e Agencias (7 de abril de 2018). "Varios muertos y heridos en un atropello masivo en el centro turístico de la ciudad alemana de Münster". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  8. AFP (8 de abril de 2018). "El autor del atropello mortal de Münster, un alemán de conducta agresiva que buscaba suicidarse". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  9. DPA/EP (19 de maio de 2018). "Al menos dos muertos y varios heridos por un tiroteo posiblemente indiscriminado en Saarbruecken (Alemania)". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  10. Euronews (30 de maio de 2018). "La policía alemana mata a un hombre que perpetró un ataque con cuchillo en un tren en Flensburg". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  11. DPA / The Local (31 de maio de 2018). "Police officer shoots knife attacker dead on Flensburg train". www.thelocal.de (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  12. FQ (10 de xuño de 2018). "Soumaila Sacko, raccolta fondi dell’Usb per il rientro della salma in Mali: in tre giorni superati i 20mila euro". www.ilfattoquotidiano.it (en italiano). Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  13. Sputnik Mundo (17 de xuño de 2018). "Detenida en Francia una mujer por un ataque con cuchillo al grito de "¡Alá es grande!"". mundo.sputniknews.com (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  14. BBC (24 de xuño de 2018). "Ukraine Roma camp attack leaves one dead". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 Ylenia Gostoli (16 de agosto de 2018). "9 shootings in 50 days: Italy's ugly face of racism". m.dw.com (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  16. Agencias (20 de xullo de 2018). "Diez heridos en un ataque con cuchillo en un autobús en el norte de Alemania". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  17. eldiario.es (31 de xullo de 2018). "Las agresiones racistas se disparan en Italia: un marroquí de 43 años, perseguido y apaleado hasta la muerte". m.eldiario.es (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  18. RT (18 de agosto de 2018). "Un muerto y un herido tras un ataque con cuchillo en Francia". actualidad.rt.com (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  19. Sputnik (22 de agosto de 2018). "Varios muertos tras un ataque con cuchillo en el este de Bélgica". mundo.sputniknews.com (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  20. Adam Forrest (23 de agosto de 2018). "Man stabs two women to death in horrific attack in Belgium restaurant". www.independent.co.uk (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  21. EP (23 de agosto de 2018). "Mata a dos personas con un cuchillo cerca de París y muere abatido por la policía". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  22. Redacción EC (8 de setembro de 2018). "Alemania: Autoridades investigan presunto nuevo ataque antisemita". elcomercio.pe (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  23. DPA/EP (30 de agosto de 2018). "Un sirio y un eritreo, heridos graves tras violentos ataques en Alemania". eldia.es (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  24. RT (1 de setembro de 1018). "Ataque con cuchillo en Italia deja un muerto y tres heridos". actualidad.rt.com (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  25. REUTERS (10 de setembro de 2018). "Policía descarta que ataque con cuchillo en París sea terrorismo". www.excelsior.com.mx (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  26. "Razzismo, le aggressioni in Italia". www.lettera43.it (en italiano). 11 de setembro de 2018. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  27. Flick (11 de setembro de 2018). "Matones ultras destrozan un stand de colectivos LGTB en Szczecin (Polonia)". www.dosmanzanas.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  28. Euronews  (17 de setembro de 2018). "Herido grave un hombre que atacó a un policía en Bruselas". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2018. 
  29. Xinhua (29 de setembro de 2018). "Tres personas resultan heridas de gravedad en ataque con cuchillo en Ravensburg, Alemania". spanish.xinhuanet.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2018.