Lingua kott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kott
Falado en: Rusia
Extinción: Século XIX
Familia: Linguas turcas
 Linguas turcas siberianas
  Linguas na-dené
   Linguas ieniseianas
    Kott
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xss — Assan
Mapa
Status

A lingua kott (kot) (en ruso: Коттский язык) é unha lingua ieniseiana extinta que era empregada na Siberia central a beiras do río Mana, un afluente do río Ienisei, no sur do krai de Krasnoiarsk. Extinguiuse nos anos 1850s. Esta lingua está estreitamente relacionada coa ket, aínda falada ao longo do norte do río Yenisei. O assan, outra lingua próxima, é ás veces considerada un dialecto do kott.[1]

En 1858, Matthias Castrén publicou un dicionario e unha gramática (Versuch einer jenissei-ostjakischen und kottischen Sprachlehre), que inclúe material do kott e do ket. Tamén existe un libro feito por G.K. Verner sobre a lingua kott.[2]

Casos en kott segundo Castrén

Kott está influenciado polas linguas turcas, das que teñen algunhas palabras. Por exemplo, en kott baktîr- ‘loar’ vén do prototúrquico *paktïr ou kolá ‘cobre, latón’ vén do prototúrquico *kola.[3] Así mesmo, os lingüistas tratan de relacionar as linguas ieniseianas cun grupo máis grande, conectándoas coas linguas na-dené, unha familia de linguas nativas americanas empregadas en Alasca, no oeste do Canadá e polo suroeste dos Estados Unidos, no que serían as linguas dené-ieniseianas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Werner, Heinrich (1997). Abriß der kottischen Grammatik [Esquema da gramática kott] (en alemán). Wiesbaden: Harrassowitz. pp. 5–6. ISBN 3-447-03971-X. 
  2. Verner, G. K. (Г. К. Вернер) (1990). Kottsky yazyk Коттский язык [Lingua kott] (en ruso). Rostov-na-Donu: Izdatel'stvo rostovskogo universiteta. ISBN 5-7507-0357-6. 
  3. Khabtagaeva, Bayarma (2015). "Some Remarks on Turkic Elements of Mongolic Origin in Yeniseian". Studia Etymologica Cracoviensia (en inglés) 20 (2): 111–126. doi:10.4467/20843836SE.15.008.2794. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]